Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

14 de enero de 2026

O Concello reforza o servizo de Urbanismo cun programa temporal de tres anos para a tramitación de todos os expedientes das VUT na cidade

O investimento previsto no programa é de algo máis de 700.000 euros. Permitirá incorporar máis persoal técnico e asistencial que complemente o traballo que xa se efectúa na concellaría

O Concello dá outro paso adiante no seu plan de regularización das vivendas de uso turístico (VUT) na cidade, reforzando o persoal do servizo municipal de Urbanismo para a posta en marcha dun programa temporal, a tres anos vista, que axudará a axilizar a tramitación dos expedientes relativos a este tipo de vivendas.

A alcaldesa, Inés Rey, informou hoxe de que se destinarán algo máis de 700.000 euros a esta medida, que permitirá incorporar a catro novos profesionais que se encargarán de liberar carga de traballo sobre a estructura existente na concellaría, dando un pulo á tramitación das VUT en virtude da ordenanza reguladora aprobada a mediados do 2025.

Neste sentido, entre os perfís laborais que se incorporarán a este programa temporal hai persoal técnico de administración xeral, auxiliares de atención cidadá e vixiantes de intervención da edificación.

O programa, se ben está suxeito a unha duración inicial de tres anos, tamén contempla unha prórroga por outro exercicio máis, sempre e cando fose preciso estendelo no tempo.

"Na Coruña estamos a facer uso de todas as ferramentas e mecanismos dos que dispoñemos para facer fronte ás dificultades de acceso a vivenda, unha realidade que afecta a moitas partes do país e que esixe un compromiso de todas as Administracións públicas no seu conxunto", subliñou Rey, que apuntou á cuestión da vivenda como "unha das prioridades do Goberno municipal".

Neste sentido, a rexedora lembrou que A Coruña, primeiro concello galego en solicitar a declaración de zona tensionada, está traballando arreo para revertir a tendencia previa na evolución dos prezos de alugueiro -alcista-, e que agora apunta índices de contención. A Coruña foi tamén pioneira no regulamento das VUT en Galicia.

"En paralelo, avanzamos para dar cumprimento ao marco normativo das VUT, vivendas que estaban a ter unha repercusión clara na cidade, reducindo a bolsa residencial de alugueiro e incrementando tamén os seus custos", expuxo Rey, que puxo en valor o traballo de continuidade que está a desenvolver o Concello para controlar as VUT que non están adaptadas á normativa, así como para notificar ás persoas titulares de inmobles VUT o procedemento para a súa posta en orde ou obtención da súa habilitación administrativa.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión