3 de marzo de 2024
A Deputación da Coruña concedeulle á administración local unha axuda de 75.000 euros para a contratación de persoal en traballos municipais imprescindibles
O Concello reforzará os servizos municipais coa contratación de persoas en situación de desemprego. Deste xeito, o Goberno de Inés Rey amplía o cadro de persoal nos servizos básicos municipais ao tempo que integra no mercado laboral a persoas procedentes de colectivos vulnerables.
No marco do programa PEL Concellos, impulsado a través do Pacto polo Emprego Local da Deputación da Coruña, o organismo provincial concedeulle unha axuda de 75.000 euros ao Concello para a contratación de persoas desempregadas para a prestación de servizos municipais imprescindibles.
A finalidade destas axudas é subvencionar os custos de contratación de persoas desempregadas en risco de exclusión laboral nos distintos concellos da provincia, permitindo a súa contratación expresa para a realización de traballos de necesidade nos servizos municipais básicos. Os operarios e operarias deberán ser contratados cunha xornada mínima semanal de 25 horas.
As axudas destinaranse a sufragar os custos salariais, de Seguridade Social, as indemnizacións por fin de contrato e a formación en materia de prevención de riscos laborais das novas contratacións.
O Concello avanza así na integración de persoas con especiais dificultades de inserción laboral. Súmase a outras accións postas en marcha polo Goberno de Inés Rey para a inserción laboral dende unha perspectiva social, como o programa Coruña Suma ou as formacións programadas no Centro Municipal de Emprego dos Rosales.
26 de febrero de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible