23 de agosto de 2026
Poderán concorrer á convocatoria tanto particulares como centros de ensino e entidades sen ánimo de lucro
O Concello continúa a impulsar a transformación da xestión dos residuos na cidade coa convocatoria para a adxudicación de 80 composteiros domésticos de 300 litros, dotados de aireador e termómetro, co obxectivo de fomentar a recollida separada dos biorresiduos e avanzar na economía circular.
Poderán optar á adxudicación destes elementos de compostaxe as persoas físicas, incluídas as que resultaron adxudicatarias dun horto urbano na última convocatoria, así como os centros de ensino e as entidades sen ánimo de lucro que dispoñan dun espazo adecuado para a súa instalación durante un período de cinco anos.
"A participación cidadá na xestión dos residuos urbanos é clave e queremos facilitar a separación en orixe da fracción orgánica, que é totalmente recuperable e útil como compost para o seu aproveitamento en hortas, xardíns e espazos verdes", sinalou a concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira.
Neira lembrou que "esta iniciativa súmase ao resto das accións emprendidas polo Goberno de Inés Rey para impulsar un cambio na xestión dos residuos urbanos, avanzando cara a unha cidade máis sostible e comprometida coa economía circular".
O prazo para a presentación das solicitudes, tanto por parte de persoas físicas como de centros de ensino e entidades sen ánimo de lucro, estará aberto ata o 10 de setembro.
Os composteiros adxudicaranse de forma gratuíta e por rigorosa orde de entrada das solicitudes no Rexistro Xeral do Concello.
O Concello proporcionará ás persoas e entidades adxudicatarias a información necesaria para facer un uso correcto dos composteiros e ofreceralles asesoramento para resolver as dúbidas que poidan xurdir durante o proceso de compostaxe.
Toda a información e as bases da convocatoria están dispoñibles na web municipal, a través do teléfono de información cidadá 010 e no enderezo electrónico concellaria.medioambiente@coruna.gal.

12 de agosto de 2026

11 de agosto de 2026

7 de agosto de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible