Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

29 de septiembre de 2026

O Concello retoma as actividades do outono do programa Apego para a difusión de contidos culturais en galego

A partir deste martes arrincan as propostas que inclúen teatro, contos, obradoiros e espectáculos musicais abordando diferentes temáticas dun xeito lúdico

O Concello, a través do Servizo de Normalización Lingüística, retoma a súa programación habitual do programa Apego, tras o descanso estival, para estes meses do outono, orientada a familias con crianzas de entre 0 e 6 anos, que se desenvolverán nas aulas do Centro Ágora. 

Apego procura unha difusión de contidos culturais en galego, a dinamización da lingua e o contacto interxeracional a nivel idiomático para proporcionar un ambiente de inmersión lingüística para falantes habituais de galego e, tamén, para aquelas familias que buscan achegarse a el dun xeito lúdico, divertido e, por suposto, didáctico. Desta volta trataranse temas como a ecoloxía, a tradición cultural, a resolución de conflitos, o feito de compartir ou os estereotipos de xénero. As inciciativas forman parte das accións de dinamización cultural e normalización linguística apoiadas polo Goberno de Inés Rey para promover a identidade e o fortalecemento da lingua galega en todas as idades. 

"Apego é unha desas iniciativas que crean comunidade e identidade dun xeito lúdico, divertido e adaptado aos nenos e nenas. O apoio a programas coma estes é fundamental para fortalecer e inculcar o uso da nosa lingua en todas as franxas de idade", subliñou o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro. 

Neste sentido, o programa Apego volve cunha programación de gran variedade para público familiar: teatro, contos, obradoiros e música estarán presentes na oferta cultural do Servizo de Normalización Lingüística.

Abre o novo ciclo de actividades, este martes 29 de setembro, o espectáculo "Festa de letras", de Iria Pinheiro, unha festa literaria para os/as máis peques na que se entrelazan historias sobre osos que atravesan fronteiras, meigas voadoras, monstros que teñen medo e libros que agochan sorpresas. "Festa de letras" é un show pero tamén un obradoiro de teatro no que participa o público asistente que lles achegará ás crianzas o amor pola literatura e a lingua galega.

A programación completa, dende setembro ata decembro, con dous pases cada día (17.00 e 18.30 horas) constará dos seguintes espectáculos e obradoiros, que se realizarán na aula 8 do Centro Ágora:

  • "Festa de letras", de Iria Pinheiro (3-6 anos), o martes 29 de setembro

  • "Garavanciña", de Migallas Teatro (1-3 anos), o martes 6 de outubro

  • "Contos na pel", de Alma Blanco (18 meses-2 anos), o martes 13 de outubro

  • "C@nto contigo", de Paco Nogueiras (3-6 anos), o martes 20 de outubro

  • "Monstros acústicos", de Chuches Amil (3-6 anos), o martes 27 de outubro

  • "A viaxe de Nano", de Raquel Queizás (1-3 anos), o martes 3 de novembro

  • "Obradoiro de chapas e tatuaxes", de Eduvía (4-6 anos), o martes 10 de novembro

  • "Xela, aventura na fraga", de Inma Soto (5-6 anos), o martes 17 de novembro

  • "Ilustres instrumentos musicais: obradoiro de experimentación artística para a infancia", de Laura Romero (5-6 anos), o martes 24 de novembro

  • "Tantarantiña", de Cris de Caldas (0-3 anos), o martes 1 de decembro

Todas as actividades son de balde, con inscrición previa (os venres anteriores ás actividades), ata completar a capacidade da aula. Máis información nas seguintes ligazóns:

https://www.coruna.gal/lingua/gl/axenda/proximas-inscricions 

https://www.coruna.gal/lingua/gl/detalle/programa-apego-actividades-para-setembro-decembro-do-2026/suceso/1453921734018

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión