Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

27 de febrero de 2026

O Concello reúne á Mesa Sectorial de Vivenda para analizar a evolución do mercado residencial na cidade

A sesión abordou os últimos datos do Observatorio Galego da Vivenda e avanzou na coordinación institucional e social para reforzar as políticas públicas de acceso á vivenda

O Concello da Coruña celebrou esta mañá unha nova sesión da Mesa Sectorial de Vivenda, un foro de traballo no que participaron representantes institucionais, colexios profesionais, entidades sociais, asociacións empresariais e colectivos veciñais co obxectivo de avaliar a situación actual do mercado residencial e compartir propostas de actuación.

A reunión estivo presidida polo concelleiro de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda, Francisco Díaz Gallego, quen puxo en valor este espazo estable de diálogo como ferramenta clave para "compartir diagnósticos rigorosos, analizar datos obxectivos e seguir avanzando en solucións coordinadas que garantan o dereito a unha vivenda digna".

Durante a sesión analizáronse os últimos datos do Observatorio Galego da Vivenda, que reflicten en xaneiro de 2026 unha baixada do 5,2% no importe medio das fianzas respecto ao mesmo mes do ano anterior, así como un descenso do 7% en comparación con decembro de 2025 . Tamén se abordou a evolución das fianzas depositadas, nun contexto no que a tendencia é semellante no conxunto das cidades galegas.

O concelleiro sinalou que estes datos deben interpretarse con prudencia, mais poden indicar unha posible moderación tras os incrementos rexistrados nos últimos exercicios. Neste sentido, reiterou o compromiso do Goberno de Inés Rey coa mobilización de solo público, a promoción de vivenda protexida e o reforzo da colaboración interadministrativa.

Na Mesa participaron representantes de entidades sociais e profesionais vinculadas ao ámbito da vivenda, así como persoal técnico municipal, consolidando este órgano como espazo de diálogo permanente para afrontar un dos principais retos sociais da cidade.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión