8 de agosto de 2026
Cun investimento de case 100.000 euros, estas intervencións substituirán o anterior elevador situado no centro por outro máis moderno e rehabilitarán varias zonas desgastadas do edificio
O Concello sacou a licitación as obras para instalar un novo ascensor no Centro Cívico de Labañou, que substituirá á anterior unidade, inactiva debido a unha avaría. O orzamento base de licitación do proxecto é de 48.208,61 euros, e o prazo aproximado de execución é de 18 semanas. Ademais, tamén saíu a licitación outro contrato para a realización de varios traballos de renovación das paredes e solos do edificio, cun investimento duns 47.566,13 euros.
Estas intervencións englóbase dentro do paquete de melloras estruturais que o Goberno de Inés Rey está a levar a cabo en toda a rede de centros cívicos da cidade, cun investimento total de máis de 1,58 millóns en acciones de modernización e mellora nas diferentes instalacións da rede municipal.
"Coidar os centros cívicos da cidade é coidar a cultura de barrio. Estes puntos de encontro son fundamentais para afianzar as identidades e as relacións de veciñanza. Por iso o Goberno de Inés Rey vai seguir poñendo todos os recursos dispoñibles ao dispor da modernización destes lugares tan importantes", subliñou a concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, Nereida Canosa.
Un novo ascensor
As actuacións iniciais consistirán na desconexión completa do ascensor existente, incluíndo a parada e bloqueo de todos os seus sistemas, así como a desconexión da instalación eléctrica asociada. Así mesmo, procederase á retirada das instalacións vinculadas ao cuarto de máquinas, incluíndo cadros eléctricos, cableado, sistemas de control e demais elementos auxiliares.
A continuación, levarase a cabo o desmonte e retirada do equipo antigo, que comprende a cabina, contrapesos, guías e demais elementos mecánicos, asegurando en todo momento a conservación do oco do ascensor e da estrutura do edificio. Estas operacións realizaranse minimizando a afectación ao resto das instalacións e espazos do Centro Cívico.
Finalmente se procederá a instalar un novo ascensor accesible, cumprindo a normativa vixente en materia de seguridade, accesibilidade e eficiencia enerxética. A intervención inclúe a montaxe da cabina, contrapesos, guías e sistemas de seguridade, así como a integración dos mandos e elementos de control. O novo elevador terá capacidade para 8 persoas e uns 630 quilos de peso.
Solos e paredes
Este segundo contrato que sae a licitación consiste na reparación e acondicionado dos chans de tarima existentes no Centro Cívico, ademais dos traballos para a recuperación do acabado superficial dos radiadores das plantas baixa e primeira, así como o acondicionado dos paramentos verticais da primeira planta e dos panelados de madeira.

28 de julio de 2026

22 de julio de 2026

18 de julio de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible