24 de enero de 2024
A Xunta de Goberno Local acordou este mércores aplicar unha nova prórroga, de forma que o período de execución das obras non computará como tempo transcorrido para os efectos das concesións en vigor de praceiras e praceiros
Esta mañá tivo lugar no Palacio Municipal de María Pita a sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, na que o Goberno municipal aprobou unha nova ampliación das concesións aos praceiros e praceiras de Monte Alto a causa das obras de rehabilitación que se están levando a cabo no mercado municipal.
Cómpre lembrar que, por mor desta intervención, a finais de marzo do ano pasado acometeuse o traslado dos postos a un mercado provisional, localizado na praza de Indalecio Prieto, que estará habilitado ata que se concrete a renovación do antigo mercado e xa esté disposto para volver funcionar.
"Por iso, o Concello tamén considerou oportuno acordar unha primeira suspensión de dez meses do prazo de duración das concesións, ata que o mercado provisional estivese a pleno rendemento. En todo caso, e atendendo ás solicitudes das e dos propios praceiros, hoxe acordamos aplicar unha nova suspensión do prazo de duración das concesións, que estará vixente durante o tempo estimado de execución das obras de reforma do mercado de Monte Alto", detallou esta mañá o concelleiro da Área de Economía e Planificación Urbana, José Manuel Lage.
Isto suporá, en termos prácticos, que o período de execución das obras non computará como tempo transcorrido para os efectos das concesións en vigor de praceiras e praceiros.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible