11 de agosto de 2022
Mantéñense a data e hora previstas, domingo 14 de agosto ás 21.30 h e o acceso será libre
O concerto do cantautor flamenco Israel Fernández programado dentro do Festival Noroeste Estrella Galicia para o vindeiro domingo 14 de agosto ás 21.30 h trasládase ao Parque de Santa Margarida ante as numerosas peticións de invitación recibidas para poder asistir ao evento.
O Concello decidiu cambiar a localización do concerto para poder dar resposta á alta demanda de público asistente prevista para a actuación de Israel Fernández. O cantautor, que está considerado como un dos cantautores máis relevantes do flamenco actual, está a destacar nos mellores espazos e festivais de xénero.
A entrada no parque de Santa Margarida será libre e gratuita.

14 de diciembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible