27 de abril de 2022
A actuación estaba programada para este sábado, 30 de abril. As entradas serán válidas para a nova data e as persoas que o desexen poderán devolvelas
O concerto de Leiva, previsto para este sábado 30 de abril no Coliseum da Coruña, tivo que ser aprazado ao 29 de outubro por problemas de saúde do artista. O artista ten unha afección nas cordas vocais que lle obriga a cancelar as súas actuacións na Coruña, primeira data ata o de agora da súa xira, e en México.
As entradas, esgotadas hai meses, seguirán sendo válidas para a nova data, o sábado 29 de outubro, sen necesidade de realizar ningún novo trámite. Por outra banda, en caso de que as persoas con entrada desexen solicitar o reembolso, poderán facelo a través das canles oficiais dos puntos de venta en liña de Ataquilla e Entradas a tu alcance. O prazo para solicitar o reembolso será do 2 ao 16 de maio.
Leiva e o seu equipo lamentan as molestias que este imprevisto puidese causar aos asistentes ao seu concerto no Coliseum. O artista estaba a piques de comezar a xira de presentación de 'Cuando te muerdes el labio', o seu último traballo discográfico.

17 de diciembre de 2025

16 de diciembre de 2025

15 de diciembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible