12 de febrero de 2026
A Entronización do Deus Momo farase finalmente na praza das Atochas
O percorrido variará debido ás obras nos Cantóns, pasando por Entrexardíns e avenida do Porto
A Coruña enfróntase aos seus días de máxima actividade polo Antroido, co desfile do sábado e a programación do Martes de Antroido como pratos fortes. O Concello conta cunha completa programación para todos os públicos que xa arrincou o pasado sábado co concurso de comparsas, na modalidade de música e letra, que gañou Monte Alto a 100. "A Coruña vivirá algúns dos días máis especiais do ano coa celebración do seu tradicional antroido choqueiro e desde o Concello ofrecemos á cidadanía numerosas actividades para todos os públicos e encontros festimos na rúa", indicou a alcaldesa, Inés Rey.
Este xoves 12 farase unha homenaxe a Ángeles Alvariño no Xoves de Comadres, cun acto no Arquivo Histórico Municipal de Durán Loriga que lembrará a figura da recoñecida científica. Ángeles Alvariño foi unha oceanógrafa e zoóloga mariña pioneira, considerada unha das científicas máis destacadas do século XX no estudo do plancto. Desenvolvendo unha brillante carreira que a levou a investigar en institucións como o Instituto Español de Oceanografía e, máis tarde, centros de referencia internacional no Reino Unido e nos Estados Unidos. Foi unha das primeiras mulleres en embarcar nun buque de investigación británico, e as súas achegas permitiron identificar novas especies, ademais de mellorar a comprensión dos ecosistemas oceánicos.
Por outra banda, o venres celebrarase na contorna da praza das Atochas a Entronización do Deus Momo, ás 21.00 horas. Finalmente, debido aos fortes ventos previstos para a xornada do venres, decidiuse trasladar este acto da atalaia de San Roque ás Atochas para garantir a seguridade de todas as persoas asistentes. Tamén comezarán as homenaxes e ofrendas florais a grandes referentes desta celebración, coas de Nito e Antón de Santiago.
Desfile de Antroido
O concurso de comparsas nas modalidades de vestiario e coreografía e carrozas será o sábado 14 de febreiro a partir das 18.00 horas. En total, hai 25 comparsas e agrupacións inscritas no desfile. O Concello repartirá entre todos os concursantes ata 50 premios, cun importe total de 20.000 euros. Haberá en María Pita e nas rúas da súa contorna unha actuación musical de Farra Fanfarra durante a celebración do desfile.
Con motivo do desfile prevense as seguintes afeccións, derivadas dos cortes e desvíos de tráfico necesarios para o desenvolvemento do mesmo:
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible