22 de mayo de 2025
A concelleira Nereida Canosa asistiu á xornada de portas abertas
A concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, Nereida Canosa, participou esta mañá na xornada de portas abertas do novo TEU do Birloque, un espazo de uso comunitario situado no recentemente inaugurado Centro Veciñal do barrio. Acompañada de persoal técnico da Concellería, a edil percorreu as instalacións e conversou coa veciñanza, subliñando a utilidade deste novo recurso para fomentar a participación social e a vida en común.
"Con este novo TEU reforzamos a igualdade entre os barrios, ofrecendo un local accesible, versátil e de balde para que a cidadanía poida celebrar, aprender e compartir", sinalou. O local, que conta cun aforo máximo de 30 persoas, poderá reservarse desde mañá a través do sistema de cita previa en liña, seguindo os mesmos criterios que regulan o acceso á rede municipal de espazos TEU.

28 de noviembre de 2025

13 de noviembre de 2025

17 de septiembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible