Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

19 de abril de 2017

O Goberno local afonda no seu compromiso coa promoción da mobilidade sostible e presenta 25 novas unidades de bicicleta pública

O edil Xiao Varela avanza que a nova estación de Bicicoruña, que estará situada no Castrillón, entrará en funcionamento na primeira quincena do mes de xuño

O Goberno local presentou esta mañá, no marco do Día Mundial da Bicicleta, 25 novas unidades deste medio de transporte, e que se incorporan desde hoxe á frota activa de Bicicoruña, o servizo de bicicleta pública da Coruña xestionado a través da Empresa Municipal de Vivenda, Servizos e Actividades, EMVSA. "Neste 2017, a política vencellada á bicicleta será fundamental para o desenvolvemento da mobilidade sostible na Coruña", sinala Xiao Varela, concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda e membro do Consello de Administración de EMVSA, quen lembra a proposta do executivo coruñés para o seu fomento a través de dez liñas de traballo presentadas o pasado 3 de abril no marco da xornada Movémonos?. Entre as medidas, inclúese o fomento da intermodalidade a través da ampliación do servizo da bicicleta pública e da construción de aparcadoiros seguros para as mesmas,  así como o impulso do uso deste medio de transporte alternativo ao vehículo privado mediante a progresiva construción dunha rede de carrís bici segregados e seguros, e de vías ciclables. As 25 bicicletas, que desde hoxe estarán á disposición das persoas usuarias do servizo, presentan melloras notables sobre os modelos que agora están en circulación, "e que se irán substituíndo progresivamente", especifica Varela. Así, inclúen novidades como freos de disco e un novo mando de cambios, ademais de presentar melloras respecto á luz dianteira convencional, que será substituída por unha LED, "de xeito que aporte maior seguridade no seu uso en horario nocturno", afirma o edil, quen lembra que Bicicoruña, desde o pasado 1 de abril, xa conta con horario adaptado ao seu uso no verán, polo que o servizo pode empregarse desde as 07.30 até as 22.30 horas.  "Este ano o Goberno local aposta por Bicicoruña, co aumento da súa frota --que conta en total con 255 unidades tras esta incorporación-- e a dotación de novas estacións, que pasarán de 22 a 34". A este respecto, o responsable municipal destacou tamén que o próximo mes de xuño entrará en funcionamento a nova estación de Bicicoruña do barrio do Castrillón, que estará situada na avenida da Concordia, "dando así cumprimento a unha medida anunciada por este Concello e que, no futuro, dará servizo ao polideportivo do barrio". Ademais desta infraestrutura, o Goberno local investirá 264.000 euros na creación de 11 novas estacións, "froito da demanda cidadá", lembra o titular Rexeneración Urbana, "a través dos Orzamentos Participativos". Así, ao longo deste ano, Bicicoruña contará con novos estacionamentos en Someso, Ventorrillo, Elviña, Oza, Adormideras ou Eirís, ademais dos polígonos industriais de A Grela e Pocomaco, o  campus de Elviña e Marineda City.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión