Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

31 de agosto de 2018

O Goberno local asina un convenio coa Fundación Educo para fomentar e promocionar a participación infantil na cidade

A edil Claudia Delso indica que a iniciativa permitirá formar a 100 estudantes de quinto e sexto de Primaria e ao seu profesorado nos mecanismos de participación

A concelleira de Participación e Innovación Democrática, Claudia Delso, asinou esta mañá un convenio coa Fundación Educación e Cooperación Educo para "colaborar no fomento e a promoción da participación dos nenos e das nenas da cidade". Unha acción que se concretará no traballo con alumnos e alumnas de quinto e sexto curso de Primaria de centro escolares da Coruña. "Un dos obxectivos deste Goberno local é garantir e arraigar na nosa sociedade un sistema de participación democrática no que a cidadanía poida ter impacto nas accións do seu Concello e neste sentido temos posto en marcha moitas iniciativas,  dende os Orzamentos Participativos ata o proxecto do "O noso Patio" onde a comunidade escolar do San Xurxo de Carricarte deseñou o patio da súa escola, proxecto que por certo foi premiado recentemente en Ludantia, Bienal Internacional de Educación en arquitectura para la infancia", apuntou. Pos iso, a edil destacou que "ten especial relevancia afondar no traballo coas nenas e os nenos que inician na escola un período de traballo colaborativo diario e no que incorporar dentro da súa aprendizaxe dinámicas de participación democrática". O convenio recolle unha subvención nominativa de 6.000 euros para a realización da actividade.

A iniciativa, que se celebra este ano por primeira vez e terá lugar neste 2018, implicará o un máximo de 100 alumnas e alumnos dos centros que queiran formar parte así como aos profesores e profesoras, que recibirán formación específica en metodoloxías de participación. Os nenos e as nenas crearán, ao longo de catro sesións nas que recibirán formación e apoio, un evento de participación que presentarán no Concello. Como salienta Delso, este convenio "vén a reforzar o noso compromiso por garantir os dereitos á participación cidadá dos nosos veciños e veciñas, tamén dos e das nosas cativas que tomarán no futuro as decisións da cidade".

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión