Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

1 de octubre de 2018

O goberno local avanza no seu traballo de expansión e renovación de espazos verdes coa naturalización de catro rotondas da cidade

A Concellería de Medio Ambiente traballa actualmente na mellora integral e paisaxística do espazo situado en Matogrande, diante do hotel Attica, tras as actuacións realizadas nas dúas rotondas situadas na contorna de Espazo Coruña. A seguinte infraestrutura na que se traballará será a localizada no Paseo Marítimo, fronte ao Tryp María Pita

O goberno local vén de dar un novo paso no seu obxectivo de naturalización e ampliación dos espazos verdes da cidade coa posta en marcha dun proxecto de mellora integral de rotondas da cidade. As infraestruturas comprendidas nesta primeira fase son as dúas rotondas do entorno de Espazo Coruña, así como a que se atopa en Matogrande fronte ao Hotel Attica e a ubicada no Paseo Marítimo á altura do hotel Tryp María Pita. "Neste momento, e tras rematar os traballos nas dúas primeiras rotondas, estase a actuar na rotonda de Matogrande", comenta a concelleira de Medio Ambiente, María García. "Este traballo de mellora dos espazos verdes existentes nas rotondas, introducindo conceptos de paisaxismo, non só favorece ao ter unha cidade máis amable no seu espazo publico, senón que tamén entronca directamente co labor que desenvolve o Concello para favorecer a expansión do arborado e os espazos verdes dentro da cidade", di a responsable municipal, que manifesta que o goberno local rematará o ano superando o obxectivo que se marcara de aumentar en 1.500 os exemplares arbóreos da Coruña. As actuacións nestes catro espazos teñen un orzamento de 120.000 euros e se atopan comprendidas dentro das melloras ofertadas pola actual concesionaria do contrato de mantemento de parques e xardíns.

A Coruña xa conta con dous espazos onde se acometeron traballos de mellora integral e acondicionamento. Os traballos na rotonda con forma de elipse diante de Espazo Coruña consistiron na renovación da área verde existente, así como a plantación dunha especie tapizante que require de baixo mantemento. A concelleira García destaca que esta rotonda ademais "conta agora cun deseño moi novidoso, coa representación dos eixes das elipses, de maior a menor, así como a construción dun compás de 4 metros de altura en aceiro e que simula o modelo de Leonado da Vinci".

Pola súa banda, a rotonda circular que acompaña á elíptica na mesma zona loce agora unha figura xeométrica en forma de estrela deseñada a partir do círculo, imitando unha forma poligonal que aparece moitas veces na natureza e na arte. Como no caso da outra glorieta, as estruturas que definen as formas están construídas en aceiro. As partes interiores están recubertas con vexetación tapizante, así como áridos de distintas cores.

Por outro lado, a pasada semana comezaron xa os traballos na rotonda de Matogrande situada diante do hotel Attica. "Neste espazo temos pensando colocar unha retícula de cadros de 1,2 metros de lado, alternando elementos pétreos con elementos áridos", comenta a concelleira. O proxecto paisaxístico pasa pola colocación de plantas da especie Koeleria Glauca. Os cadrados tamén están delimitados por aceiro. Unha vez rematada esta actuacións, o Concello ten previsto acometer a naturalización da rotonda situada no Paseo Marítimo, diante do hotel Tryp. Neste caso, a proposta é a de imitar o debuxo das ondas do mar con dúas especies, como son o Myoporum parflorum e o Coprosma Kirkii.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión