Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

4 de febrero de 2026

O III Cume Internacional REAIM converte A Coruña no epicentro mundial do debate sobre o uso responsable da intelixencia artificial no ámbito militar

Palexco acolle hoxe e mañá unha cita de alto nivel internacional coa participación de delegacións de máis de 25 países

A alcaldesa, Inés Rey, inaugurou esta mañá no Palacio de Exposicións e Congresos (Palexco) o III Cume Internacional sobre o Uso Responsable da Intelixencia Artificial no Ámbito Militar (REAIM), unha cita de alto nivel que converte durante dous días a cidade no centro do debate sobre seguridade, gobernanza ética e aplicación da intelixencia artificial á defensa. O encontro, impulsado polos ministerios de Asuntos Exteriores e de Defensa coa colaboración do Concello da Coruña, reúne representantes gobernamentais, organizacións rexionais e internacionais, persoal experto do ámbito académico, do sector tecnolóxico e da sociedade civil, con máis de 600 congresistas e 25 delegacións internacionais participantes.

A inauguración do cume foi conducida por Alba Meijide, enxeñeira de Intelixencia Artificial e responsable de IA na Zona Norte de Telefónica. A alcaldesa, Inés Rey, foi a encargada de lles dar a benvida oficial á cidade ás delegacións internacionais como cidade anfitrioa. En total, a participación internacional está integrada por 22 delegacións ministeriais, entre as que se atopan 5 ministros e 16 viceministros/as e de países como Albania, Países Baixos, Austria, Corea, Angola ou Cabo Verde, entre outros.

A rexedora explicou a importancia do encontro no contexto internacional, marcado polos cambios xeopolíticos e polo impacto crecente das novas tecnoloxías no ámbito da seguridade sinalando que "A Coruña acolle hoxe un espazo de reflexión imprescindible sobre un dos grandes desafíos do noso tempo" . 

Rey incidiu en que o debate arredor da intelixencia artificial no ámbito militar require unha abordaxe colectiva e responsable, e afirmou que "a defensa xa non se entende sen a tecnoloxía e, moi especialmente, sen a intelixencia artificial, que está a transformar de maneira decisiva a forma en que se conciben e planifican as estratexias" .

A rexedora subliñou tamén a responsabilidade das institucións públicas ante este novo escenario, e asegurou que "establecer unha gobernanza ética e axustada ao dereito internacional é fundamental para garantir que o desenvolvemento tecnolóxico estea ao servizo da cidadanía" . Neste sentido, puxo en valor o papel das cidades como espazos de diálogo e convivencia e destacou que A Coruña se converte durante estes días nun foro de encontro ao máis alto nivel para avanzar en marcos comúns de cooperación internacional.

A alcaldesa lembrou, ademais, a vinculación histórica da cidade coa defensa e coa innovación e puxo de exemplo de transformación os terreos da antiga Fábrica de Armas na emerxente Cidade das TIC, como símbolo do cambio da defensa cara á tecnoloxía.

No acto interviñeron tamén o presidente da Deputación Provincial da Coruña, Valentín González Formoso, e a secretaria de Estado de Defensa, María Amparo Valcarce García, a ministra de Defensa, Margarita Robles, e o xefe de Estado Maior da Defensa (JEMAD), o almirante xeneral Teodoro Esteban López Calderón.

O cume continúa mañá coa participación dos ministros Óscar López e José Manuel Albares

O III Cume Internacional REAIM continuará mañá coa segunda xornada de traballo no Palexco, que contará coa participación do ministro para a Transformación Dixital e da Función Pública, Óscar López, e do ministro de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, José Manuel Albares, entre outras autoridades.

As sesións estarán centradas na seguridade internacional, a ética e o dereito internacional humanitario, así como nos mecanismos de cooperación multilateral para garantir un uso responsable da intelixencia artificial no ámbito militar.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión