Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

4 de enero de 2023

O luns 9 abre o prazo para participar no programa ‘Aventura coas focas’, que permitirá a 264 persoas participar na alimentación dos mamíferos mariños do Aquarium Finisterrae

Na actividade, dirixida a maiores de 7 anos, as persoas asistentes axudarán a preparar as comidas dos animais e estarán en contacto con eles nas piscinas exteriores das instalacións

O vindeiro luns 9 de xaneiro, ás 10.00 horas, o Concello abrirá a reserva de entradas para as novas sesións das 'Aventuras coas focas' previstas neste primeiro trimestre de 2023, entre os meses de xaneiro, febreiro e marzo.

'Aventura coas focas' é un taller de divulgación científica promovido pola rede de Museos Científicos Coruñeses, e no que as persoas participantes poden visitar a cociña do Aquarium Finisterrae, participar na preparación dos alimentos e acceder ás plataformas exteriores onde se alimenta e revisa o estado destes mamíferos mariños.

A actividade está dirixida a maiores de 7 anos, que deberán acreditar a súa idade e adxuntar o seu DNI ou unha fotografía do libro de familia onde figure o nome e a data de nacemento. Os nenos e nenas deberán ir acompañados durante toda a actividade por unha persoa adulta, que se fará cargo dun máximo de dous menores. Esta actividade non ten custo engadido ao prezo que cada visitante deba abonar para entrar no recinto, pero require a reserva de entradas para todas as persoas participantes.

Polas características da actividade, ofértanse só 12 prazas en cada sesión. No primeiro trimestre deste ano haberá 22 sesións, o que supón un total de 264 prazas.

A reserva de entradas poderá realizarse a través desta ligazón.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión