10 de enero de 2026
O Concello organiza este encontro para dar a coñecer a oferta de Formación Profesional da cidade os días 23, 24 e 25 de febreiro e 2 de marzo
Este vindeiro luns, 19 de xaneiro, ábrese o prazo de inscrición das III Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP) 2026 para o alumnado dos centros da Coruña e o luns 26 para os centros de fóra da cidade. As persoas e centros interesados poderán formalizar a súa participación ata o xoves 12 de febreiro.
O Concello da Coruña, en colaboración os centros públicos de Formación Profesional da cidade e a EASD Pablo Picasso e a EASD Mestre Mateo de Santiago, pon en marcha por terceiro ano consecutivo esta iniciativa, que se celebrará os días 23, 24, 25 de febreiro e 2 de marzo. "Con esta iniciativa, cumplimos unha das premisas educativas marcadas pola nosa alcaldesa, Inés Rey, que é a celebración de encontros que promovan sinerxías entre alumnado e centros co obxectivo de mellorar a formación da mocidade coruñesa", indicou Juan Ignacio Borrego, concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica.
O obxecto das xornadas é dar a coñecer aos estudantes de secundaria a oferta e as novidades dos ciclos formativos de FP, das ensinanzas artísticas profesionais e dos estudos Superiores de Deseño na Coruña para o próximo curso 2026/2027, sendo os principais destinatarios o alumnado de bacharelato, dos últimos cursos da ESO e de FP de graos medio e básico; así como a oferta de FP Básica, para alumnado con dificultades de acadar o graduado escolar e o público en xeral.
A solicitude en liña faina directamente a persoa interesada en acudir ás xornadas a través desta ficha de inscrición, ou do código QR que aparece no cartel das Xornadas, indicando o centro educativo no que está matriculada, as visitas e charlas ás que quere acudir (identificadas por un código numérico), así como os seus datos persoais.
Pódese consultar o folleto informativo e o cartel desta convocatoria, na páxina educativa municipal: III Jornadas de Orientación Artística y Profesional (XOAP 2026) Os días previos ás Xornadas publicarase a guía "TI ELIXES 2026", con información actualizada sobre centros e estudos de FP e universitarios, bolsas de estudos e recursos de búsqueda de emprego, elaborada polo Centro Municipal de Información Xuvenil.

14 de marzo de 2026

14 de marzo de 2026

12 de marzo de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible