9 de febrero de 2023
Hoxe saen á venda as entradas para o espectáculo que incluirá trucos inéditos
O mago ofrecerá unha dobre función dirixida ao público familiar, prevista para os días 15 e 16 de abril no Teatro Colón
A maxia chega ao Teatro Colón co novo espectáculo do recoñecido mago Jorge Blass. O ilusionista volve á Coruña cunha dobre función os días 15 e 16 de abril para presentar unha nova proposta escénica dirixida a todos os públicos.
Con este novo espectáculo "Flipar", Blass achega unha montaxe repleta de vistosos trucos e divertidos diálogos co público coa que busca entreter a toda a familia. Un espectáculo que conta con números novidosos, aparicións e desaparicións en directo, levitacións, teletransportacións e maxia interactiva onde os espectadores se convirten nunha peza clave da función. Números inéditos que se presentan por vez primeira e trucos moi elaborados, totalmente orixinais e preparados especificamente para este novo show.
"Flipar" estará na Coruña con dúas únicas funcións que terán lugar o sábado 15 de abril ás 20.00 h e o domingo 16 ás 18.00 h. As entradas, que terán un prezo de saída dende 18 euros, poderán adquirirse na web de ataquilla.com ou no despacho de billetes da praza de Ourense.

15 de noviembre de 2025

31 de octubre de 2025

9 de octubre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible