Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

7 de julio de 2026

O Museo Arqueolóxico dará comezo en xullo aos obradoiros de verán no Castro de Elviña e o Castelo de San Antón

As tres actividades propostas, todas gratuítas, contarán con dúas sesións cada unha e estenderanse ata finais de agosto

Neste mes de xullo darán comezo os obradoiros gratuítos de verán do Museo Arqueolóxico, pensados para o gozo de toda a familia. As primeiras actividades, parte do programa de dinamización do Goberno de Inés Rey para este institución, serán os días 11 e 18 deste mes, a partir das 11.00 horas, no Castro de Elviña. 

"Na Coruña temos un capital arqueolóxico moi rico, que é o legado da nosa longa historia. Con actividades como estes obradoiros, non só buscamos entreter, senón achegar, a todo o que teña curiosidade, os segredos do pasado e as fascinantes cousas que sabemos del grazas á investigación e ás escavacións. E non hai mellor escenario para facer isto que o Castro de Elviña e o Castelo de San Antón", subliñou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo. 

A proposta, chamada "Aventura arqueolóxica", trata de achegarlle o mundo das escavacións ao público xeral, especialmente aos nenos e nenas, cun programa de dinámicas participativas no que os grupos poderán aprender sobre o traballo dos profesionais da arqueoloxía, descubrir o material utilizado nas escavacións e, incluso, participar nunha simulación de escavación na que terán que desenterrar obxectos que axudarán a reconstruír a historia do Castro. As incricións poderán facerse a partir de mañá, 8 de xullo, ás 10.00 horas nesta ligazón (11 de xullo) e nesta (18 de xullo).

En agosto, os días 1 e 22, chega a segunda actividade da programación con "Fiando o fío", que terá lugar no Castelo de San Antón ás 11.00 horas. Trátase dun obradoiro centrado na roupa do pasado e as técnicas e ferramentas que, miles de anos atrás, os nosos antepasados empregaban para facer as súas prendas. 

A actividade ten tamén un enfoque práctico baseado na participación dos asistentes, que construirán as súas propias ferramentas e poderán experimentar coas tinguidura naturais de roupa. As inscricións estarán dispoñibles mañá nesta ligazón (1 de agosto) e nesta (22 de agosto).

A última actividade, tamén no castelo de San Antón, terá lugar o 8 e o 29 de agosto, tamén no Castelo de San Antón ás 11.00 horas. Baixo o nome "A arte de tecer", o obradoiro afonda sobre o mundo dos teares desde a súa orixe na Antigüidade, así como as ferramentas que permitiron transformar fíos en tecidos e que revolucionaron a forma de fabricar roupa e outros obxectos téxtiles. 

En definitiva, será unha forma divulgativa, amena e práctica de descubrir como funcionan e como funcionaron os teares, unha ferramenta fundamental na historia da humanidade que permitiu converter simples fíos en pezas de roupa elaboradas. As inscricións estarán mañá dispoñibles nesta ligazón (8 de agosto) e nesta (29 de agosto).

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión