Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

31 de julio de 2025

O parque da Agra gañará máis superficie verde coa sinatura do convenio para urbanizar o antigo soar das Adoratrices

O acordo permitirá ao Concello acadar a cesión gratuíta de máis de 3.000 metros cadrados que se sumarán aos espazos xa concedidos polo Estado

O Pleno municipal aprobou hoxe o convenio urbanístico que permite ao Concello seguir avanzando de cara á creación do parque do Observatorio.

Como lembrou esta mañá o concelleiro José Manuel Lage, o Goberno de Inés Rey vén dando pasos firmes neste sentido, co obxectivo de habilitar unha área verde longamente demandada pola veciñanza do barrio da Agra do Orzán, un dos máis densos da cidade en termos poboacionais e dos que máis precisa gañar espazos públicos libres e osixenados.

A inicios de xuño, o Concello acadou concesión dos terreos do parque do Observatorio por parte do Estado. Isto abriu camiño á licitación do derrubamento dos muros das rúas Canceliña e Páramo, paso clave para abrir a nova zona verde. E agora, aproba un convenio que, ademais de dar cumprimento a unha sentenza firme do TSXG -que recoñeceu como solo urbano consolidado unha parte da parcela do ámbito POL M-22, o antigo soar das Adoratrices-, permitirá ao Concello acadar a cesión gratuíta de máis de 3.000 metros cadrados que se aproveitarán como área verde e espazo libre de uso público, e que ademais urbanizará a promotora que ostenta a titularidade deste ámbito.

Esta superficie que se gaña coa sinatura do convenio sumarase á que acadou o Concello coa concesión dos terreos estatais.

"Falamos de espazos verdes que son unha necesidade urxente para o barrio da Agra. Tanto pola súa densidade de vivendas como pola carencia de espazos abertos, é necesario dar resposta a unha demanda histórica da veciñanza e gañar calidade ambiental, máis espazos de lecer e descanso. Ademais, evitamos custos xudiciais e posibles indemnizacións atendendo ao ditame do TSXG, explicou o voceiro do Goberno municipal".

O convenio aprobado hoxe no Pleno tamén contempla a apertura dun novo acceso peonil e visual ao parque do Observatorio desde a rúa Gregorio Hernández, unha vella demanda do barrio. "Isto vai permitir conectar o parque co tecido urbano, facéndoo máis accesible, máis visible e máis útil para a veciñanza", dixo Lage.

Ademais, o texto deixa aberta a posibilidade de construír un aparcadoiro subterráneo público, algo fundamental nun barrio que sofre unha notable falta de prazas de estacionamento. O convenio prevé que, de levarse a cabo esta actuación, a urbanización da superficie estea coordinada coas obras do aparcadoiro, sen custo adicional para a administración local.

Avanza a modificación puntual do PXOM en Xuxán, que facilitará as obras de mellora en Alfonso Molina

Tamén este mércores, o Pleno aprobou inicialmente a modificación puntual do Plan Xeral en Xuxán que é precisa para propiciar os avances das obras de mellora na avenida Alfonso Molina, actualmente en curso e que afectan á beira lindeira ao antigo polígono urbanístico do Parque Ofimático.

O concelleiro de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda, Francisco Díaz Gallego, puxo en valor esta proposta, "que incorpora a posible saída directa desde Alfonso Molina hacia Xuxán", unha demanda da veciñanza do barrio.

Neste sentido, dadas as modificacións previstas nesta marxe da avenida, tamén se abre camiño á alteración da ordenación de volumes dos bloques residenciais Z-41, Z-43, Z-44 e Z-46, para permitir a elevación do parque de vivenda de protección pública na cidade.

Ademais, este axuste no planeamento da zona tamén é clave para mellorar as conexións previstas a futuro en Lavedra e na contorna do Monte Mero, delimitado polo Proxecto de Interese Autonómico para a ampliación do CHUAC.

O Pleno aproba inicialmente a actualización da ordenanza do lixo

Tamén esta mañá aprobouse en fase inicial a actualización da ordenanza fiscal que regula a recollida do lixo, unha medida necesaria para adaptarse ás directrices da Unión Europea en materia medioambiental, que esixe repercutir o custe do servizo ao usuario.

A Coruña afronta esta modificación sendo a cidade galega coa tarifa máis baixa. "E seguirá estando por debaixo da media, mais é preciso unha actualización vinculada tamén á necesaria concienciación cidadá na redución da xeración de residuos e no correcto reciclaxe dos mesmos", precisou José Manuel Lage.

Toda vez se aprobe definitivamente a actualización da ordenanza, e entre en vigor, A Coruña aplicará un novo modelo que consistirá nunha cantidade fixa e unha cota variable en función do consumo da auga e do roteiro de recollida determinados conforme ao contrato de lixo en vigor. Estas variables inclúense para que as familias con menos membros, e polo tanto con menor produción de residuos (o que se estima en base ao consumo de auga) paguen menos, do mesmo xeito que aquelas rutas máis sinxelas e que usen menos maquinaria pagarán menos, tamén buscando un maior equilibrio entre a xeración de residuos e a repercusión xusta do seu custe.

Con esta actualización, a media que pagará un fogar da Coruña estará no ano 2027 na contorna dos 90 euros anuais, moi por debaixo dos concellos da área metropolitana e das demais cidades galegas.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión