Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de marzo de 2023

A exposición “Pinta!” repasa a traxectoria do pintor madrileño residente na Coruña

O Pazo de María Pita acolle unha mostra de Raúl Álvarez que mestura obras inéditas e xa coñecidas

A mostra permanecerá aberta ata o próximo 17 de maio na sala de exposicións do Pazo Municipal de María Pita

A sala de exposicións do Pazo Municipal de María Pita acolle desde este venres a mostra "Pinta!" na que Raúl Álvarez nos achega a súa obra cunha esmerada selección da súa pintura. A mostra, inaugurada pola concelleira de Mercados, Comercio e Barrios, Diana Sobral, e comisariada por Pedro Taboada de Zúñiga, recolle obras realizadas polo pintor madrileño residente na Coruña destes últimos anos, ademais de traballos nunca expostos ao público antes e que amosan temas recorrentes na súa traxectoria.

As súas obras teñen como eixes principais a auga e a figura humana, que resaltan a técnica e a simboloxía que, nalgúns casos, o autor utiliza para provocar o espectador e forzalo a sacar as súas propias interpretacións e deducións ante o que está a observar. Este percorrido por distintas temáticas e varias técnicas pretende imbuír o espectador no seu universo persoal, e que nos mergullemos dalgún xeito nas súas pinturas para comprender por que pinta, explorando para iso a relación entre a natureza e o ser humano, sen prexuízos nin ideas preconcebidas.

Algunhas das obras viaxarán a finais de maio a Madrid para amosarse no espazo expositivo Studio RGF, espazo pertencente a Roberto González Fernández, recoñecido artista a nivel nacional e internacional, e a Javier Mazorra. A exposición poderá visitarse ata o 17 de maio en horario de luns a domingo de 12.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión