Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

26 de agosto de 2025

O plan de melloras en Labañou avanza coas adaptacións nas paradas de transporte urbano da avenida Gran Canaria e da rúa Honduras

A concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, supervisou as actuacións en marcha no barrio, que se centran agora na rúa Tolerancia, onde xa se están a plantar novos exemplares de arboredo

A concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, supervisou esta mañá as intervencións de mellora executadas nas paradas de transporte urbano da avenida Gran Canaria e da rúa Honduras, no barrio de Labañou.

A primeira destas dúas actuacións levouse a cabo co obxectivo de suprimir un pequeno punto negro en termos de mobilidade, xa que a configuración previa da parada, dividida en dous sectores cun paso peonil encaixado entre medias, cara ao cruzamento coa rúa Honduras, restáballe visibilidade ao paso de viandantes. Isto supuxo, nalgúns momentos, accidentes e problemas de seguridade viaria.

"Para solucionalo, suprimimos o antigo paso peonil existente e creamos un novo máis adiante da parada, no cruzamento entre Gran Canaria, Honduras e Colombia. Este novo paso de viandantes é elevado, o que tamén contribúe a calmar o tráfico", precisou Díaz, quen estivo acompañada por Felisa Pérez Prada, presidenta da asociación veciñal Francisco Rodríguez Otero. Pérez Prada agradeceu as melloras tanto en seguridade como en accesibilidade que supuxeron as actuacións levadas a cabo. 

Aproveitando a intervención tamén se reurbanizaron os espazos públicos que hai entre a rúa Colombia e a avda. Gran Canaria, para crear un itinerario peonil acorde cos fluxos de mobilidade da veciñanza. 

En paralelo, o Concello remodelou e mellorou a accesibilidade universal na parada de autobús da rúa Honduras, unha das que ten máis uso en Labañou. "É unha das 16 paradas de transporte urbano da cidade que vimos de renovar en seis barrios da cidade grazas á captación de fondos Next Generation", explicou a concelleira.

Xa se están a plantar as novas árbores da rúa Tolerancia

Tamén esta mañá, a concelleira supervisou os avances experimentados nos traballos de integración da praza da Tolerancia e a rúa homónima, que pasará a ser unha superficie peonil que contará con espazos verdes.

Neste sentido, xa son visibles as novas árbores que se están a plantar entre a praza e a rúa Tolerancia. Son 18 exemplares de especies diversas como cedros, granados e robinias, entre outras. É unha das medidas máis destacadas no contexto desta reurbanización, concibida para mellorar os espazos públicos que arrodean a praza e o parque infantil, e que reforza tamén a seguridade viaria na zona.

"Os traballos avanzan a bo ritmo e segundo os prazos previstos, e por iso tamén aproveitamos para actuar en espazos próximos como a rúa Arxentina", informou a concelleira, que explicou que a humanización da rúa Tolerancia inclúe melloras de accesibilidade no cruzamento con Arxentina. "Como xa iamos elevar o paso peonil que hai neste punto, cun pequeno recrecido que axuda a calmar o tráfico e reforzar a seguridade viaria, días atrás iniciamos a renovación do firme da calzada na rúa", detallou Díaz.

As melloras no pavimento xa están rematadas, a expensas dos últimos remates de pintura e posta a cota das tapas de sumidoiros, como é habitual nestes casos.

Conta atrás para a renovación do Centro Cívico de Labañou

Na visita desta mañá a Labañou, Noemí Díaz lembrou que o abano de actuacións previsto polo Goberno de Inés Rey no barrio inclúe a renovación das instalacións do Centro Cívico de Labañou, xa adxudicada semanas atrás e que arrincará proximamente.

O investimento, de 620.000 euros, permitirá concretar a reforma parcial da envolvente do edificio, substituír a cuberta por un novo sistema illante e renovar as ventás exteriores.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión