13 de agosto de 2025
A alcaldesa, Inés Rey, informou hoxe da adxudicación das obras no centro cívico, que contarán cun prazo de execución de catro meses
A alcaldesa, Inés Rey, informou esta mañá da adxudicación das obras de mellora previstas no centro cívico de Labañou, unha actuación que forma parte da primeira fase do Plan de renovación da rede de centros cívicos municipais da Coruña.
A intervención suporá un investimento superior aos 620.000 euros, necesario para completar a reforma parcial da envolvente do edificio e, ademais, substituír a cuberta por un sistema illante, instalar unha nova lumieira e renovar as ventás exteriores, ademais de mellorar as instalacións de servizos.
Esta mañá, a Xunta de Goberno Local deu luz verde a que os traballos sexan executados pola empresa Ábaco CR, que unha vez que comecen as actuacións, contará cun prazo de aproximadamente catro meses para completalas.
A rexedora lembrou que esta primeira fase de actuacións para renovar os centros cívicos da Coruña inclúe tamén as instalacións municipais de San Diego, O Castrillón e Os Rosales, o que suporá un investimento conxunto de máis de 1,5 millóns.
Oferta de actividades socioculturais
Na rolda de prensa deste mércores, Inés Rey tamén aproveitou para recalcar que, a inicios de setembro, entre os días 1 e 3, se abrirá a preinscrición nas actividades socioculturais que se levarán a cabo nos centros cívicos da Coruña ata finais deste ano.
"A oferta é de máis de 5.100 prazas, que se repartirán entre as 23 instalacións das que dispoñemos. Seguimos apostando polos centros cívicos como un espazo de convivencia veciñal e interrelación comunitaria, cunha programación para todas as idades e que contará con actividades específicas para a mocidade de menos de 12 anos e tamén para as persoas en idade máis avanzada", apuntou.
También te puede interesar
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible