3 de junio de 2025
A alcaldesa, Inés Rey, informou hoxe a veciñanza do barrio do inminente inicio dos traballos, tras rematar as actuacións entre Peruleiro e a rúa Barcelona, cofinanciadas con fondos Next Generation
A alcaldesa, Inés Rey, supervisou hoxe as melloras de accesibilidade executadas polo Concello entre Peruleiro e a rúa Barcelona, intervencións cofinanciadas con fondos europeos Next Generation e que supuxeron un investimento de case 600.000 euros no barrio da Agra do Orzán.
Os traballos leváronse a cabo nas rúas Almirante Mourelle, Julia Minguillón, Fanny Garrido e un treito de Manuel Deschamps, espazos onde se apostou por modernizar as redes de saneamento, ampliar as beirarrúas e gañar espazos peonís en relación aos que había previamente, renovando os seus materiais, incluíndo pavimentos diferenciados para facilitar o paso das persoas con mobilidade ou visibilidade reducida.
Rey apuntou que estas actuacións no barrio "eran necesarias, especialmente pola súa configuración urbana, das máis compactas da cidade. A Agra do Orzán é un distrito denso, onde gañar superficies peonís e mellorar a súa accesibilidade é fundamental. É o que fixemos nesta zona do barrio, facilitando, por exemplo, o paso de persoas en cadeira de rodas ou os carriños das crianzas".
No percorrido polas rúas do barrio, a rexedora estivo acompañada pola concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, que lembrou que tamén se renovaron as canalizacións de saneamento, "un aspecto que hai que ter moi en conta porque a rede da Agra é das máis antigas da cidade. Paso a paso, imos adaptándoa ás necesidades actuais", precisou.
Os próximos pasos, en Manuel Deschamps
Hoxe, a alcaldesa avanzou que nos vindeiros días arrincarán os traballos de mellora previsto no treito de Manuel Deschamps que chega cara á rolda de Outeiro, dando así resposta ás peticións da veciñanza da Agra.
Este treito non estaba incluído nas obras Next, porque o proxecto que captou fondos europeos centrábase, moi especificamente, nas melloras de accesibilidade no circuíto de rúas entre Peruleiro e a rúa Barcelona.
"Aínda así, e dado que a nosa intención é transformar o barrio no seu conxunto, darémoslle agora prioridade a esta actuación no resto da rúa Manuel Deschamps, que suporá un investimento engadido de 260.000 euros", concretou.
Máis dun millón de euros en investimentos na Agra
A próxima posta en marcha dos traballos na Agra do Orzán suporá, na práctica, que o Concello superará o millón de euros en investimentos no barrio, onde nos últimos meses se concretaron actuacións como as da mellora na accesibilidade entre Peruleiro e a rúa Barcelona, a humanización parcial da rúa Agra do Orzán e tamén as melloras de saneamento na rúa Ramón García Aller.

17 de diciembre de 2025

17 de diciembre de 2025

10 de diciembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible