25 de marzo de 2026
Os Museos Científicos Coruñeses estarán abertos todos os días da Semana Santa
O Planetario da Casa das Ciencias inicia este sábado, 28 de marzo, a súa programación especial sobre as eclipses solares, que precederá a este fenómeno astronómico que terá lugar o 12 de agosto e que A Coruña gozará dende unha posición privilexiada. "Baixo a marca ACoruñaCidadEclipse, o Goberno de Inés Rey está preparando durante estes meses diferentes actos divulgativos e promocionais vinculados á eclipse solar, co obxectivo de que o 12 de agosto sexa unha data histórica para a cidade", indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.
A programación do planetario da Casa das Ciencias, que incluirá catro sesións diarias do 28 de marzo ao 6 de abril, incorpora a estrea dunha sesión en directo cun contido especial dedicado ás eclipses solares, con motivo da que se poderá gozar desde A Coruña o 12 de agosto. Será unha sesión dirixida a persoas maiores de 10 anos na que se explicará que son as eclipses e a maneira máis adecuada e segura de observalas.
Ademais, durante a Semana Santa, a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abrirán as súas portas todos os días, incluídos os festivos. O horario de apertura será das 10.00 ás 19.00 horas. O último acceso ao Aquarium Finisterrae será ás 18.00 h e á Casa das Ciencias e a Domus ás 18.30 horas.
Carteleira do Planetario do 28 de marzo ao 6 de abril

30 de julio de 2026

23 de julio de 2026

19 de julio de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible