27 de noviembre de 2023
A concelleira Yoya Neira participou na presentación dunha ininiciativa que chegará a Roma e Bordeos
Na xornada presentáronse os resultados dun estudo de dúas investigadoras do CSIC sobre este proxecto, que cumpre a súa sexta edición
A concelleira responsable da Área de Benestar Social, Yoya Neira participou na xornada de apertura do proxecto 'De maior crea', que se realizou na Fundación Barrié.
'De maior crea' é unha iniciativa educativa impulsada polo Concello, e dirixida a persoas de máis de 50 anos, que naceu en 2018. O seu obxectivo é desenvolver a creatividade das persoas participantes a través de talleres de aprendizaxe das linguaxes cinematográficas, teatrais e musicais. As persoas maiores son as protagonistas e realizan a súa propia formación como produtoras, actrices e actores, editoras, compositoras, intérpretes, cámaras ou guionistas. A actividade desenvólvese nos centros cívicos municipais.
Neira destacou o compromiso do Goberno de Inés Rey coa oferta de actividades de lecer para as persoas maiores nos centros cívicos municipais, tanto as tradicionais como proxectos tan innovadores como 'De maior crea'. "Os centros cívicos sérvennos para loitar contra a soidade non desexada non só porque son centros de socialización para as persoas maiores, senón tamén porque nos serven de antenas para detectar posibles situacións de risco", sinalou Neira.
Pola súa banda, Manuel Gómez, codirector de 'De maior crea' xunto a Domingo D. Docampo, sinalou que o programa se presentou en Roma e Bordeos para replicar o proxecto en ambas as cidades.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible