8 de octubre de 2025
A exposición está formada por un cento de pezas, a súa maioría colaxes, e poderá visitarse ata o 8 de decembro
O Quiosco Alfonso acolleu este mércores o acto de apertura da mostra 'Seica na Coruña', do artista Xesús Carballido. O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, presidiu o acto e destacou que "o Goberno de Inés Rey continúa a poñer ao dispor da cidadanía exposicións de grandes artistas galegos nos espazos municipais". A mostra poderase visitar ata o vindeiro 8 de decembro.
Seica, como sempre nomea Carballido as súas mostras, está conformada por case un cento de pezas, na súa maior parte colaxes, a especialidade do autor, pero tamén hai ensamblaxes e outros obxectos. Nesta, coma noutras exposicións individuais e colectivas do autor, apréciase o seu gusto polo emprego de pequenos obxectos para crear a súa obra, desde tipos de imprenta até ferro forxado ou cunchas, sen esquecer etiquetas de produtos comerciais, entre outros aparellos. No seu proceso creativo colle de moitos lados, de diferentes técnicas, de cousas que atopa, dun libro que cae nas súas mans... Unha vez descuberto o punto de partida dunha obra, o artista entra na colaxe cunha idea pero logo evoluciona cara outros mundos, cara o que a propia obra lle vai pedindo.
Nese sentido, o artista traballa cunha linguaxe profundamente persoal, recuperando obxectos da vida cotiá para integralos e compoñer dunha forma equilibrada unha nova obra de arte. Trátase de obxectos que deixaron de empregarse, que xa non teñen utilidade, e que adquiren de novo vida propia dentro da peza, evocando recordos e ideas.
A mostra componse dun centenar de obras do artista, entre as que se atopan series de temática varia. Pretende con ela, facer unha escolma da súa traxectoria artística e persoal. Son froito de toda unha vida dedicada as artes e pola que pasaron centos, miles, de obxectos e documentos nos que viu un "algo", unha "parte", sustancia para conformar ou crear unha obra de arte. Son o reflexo dunha sensibilidade, dunha perspectiva única, dun artista único e distinto.

2 de diciembre de 2025

2 de diciembre de 2025

28 de noviembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible