Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

1 de septiembre de 2026

O Rally Terra de Galicia, con 40 participantes, sairá da Coruña

A proba, puntuable para o Campionato de España de Rallyes de Terra, disputarase do 3 ao 5 de setembro e contará con pilotos como Jorge Cagiao, Iván Ares, Joan Vinyes e Iago Caamaño

O Rally Terra de Galicia 2026 sairá esta semana da Coruña, que acollerá tamén a chegada dunha proba que reunirá 40 equipos e que será puntuable para o Campionato de España de Rallyes de Terra (CERT).

O director da área de Turismo do Concello da Coruña, Nacho Dopico, participou este martes, en representación do Concello, na presentación oficial do Rally Terra de Galicia 2026. No acto estiveron tamén, entre outros, o deputado de Deportes da Deputación da Coruña, Antonio Leira, e o vicepresidente segundo da Real Federación Española de Automobilismo, José Vicente Medina.

A listaxe oficial conta con 40 equipos inscritos e inclúe pilotos destacados do panorama automobilístico como Jorge Cagiao, que estreará un Lancia Ypsilon HF Rally2; Iván Ares, cun Toyota GR Yaris Rally2; Joan Vinyes, cun Citroën C3 Rally2; o piloto local Iago Caamaño, cun Ford Fiesta R5; e Juan Carlos Quintana, cun Škoda Fabia RS Rally2.

O Rally Terra de Galicia terá un percorrido global de 354,77 quilómetros, dos cales 104,5 serán cronometrados, distribuídos en oito tramos e unha superespecial de 2,4 quilómetros nun circuíto homologado pola Real Federación Española de Automobilismo. O tramo máis longo será de 19,7 quilómetros e o máis curto, de 10.

O itinerario discorrerá polos municipios da Coruña, Arteixo, A Laracha, Carballo, Cerceda, Coristanco, Malpica de Bergantiños, Ponteceso e Tordoia. A organización disporá tamén dun shakedown de 3,7 quilómetros e dun parque de asistencia de 22.000 metros cadrados para dar servizo aos 40 equipos participantes.

Desde o Concello destacouse a importancia de que A Coruña acolla a saída e a chegada dunha competición de ámbito estatal destas características, tanto pola súa capacidade para atraer participantes e afeccionados como pola contribución dos grandes eventos deportivos á dinamización turística da cidade.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión