21 de julio de 2025
Os enfrontamentos celebraranse o sábado 9 de agosto no estadio municipal de Riazor
Deportivo, Le Havre AC, Deportivo ABANCA e SC Braga conforman o cartel do Trofeo Teresa Herrera 2025, o sábado 9 de agosto no estadio municipal de Riazor. "Desde o Goberno de Inés Rey celebramos que o decano dos trofeos de verán reciba este ano a dous equipos europeos de máxima categoría, proba do prestixio que ten este histórico torneo", indicou Manuel Vázquez, concelleiro de Deportes.
O Deportivo e Le Havre AC francés no apartado masculino; e Dépor ABANCA e SC Braga luso no feminino conforman o cartel da próxima edición do Trofeo Teresa Herrera que se disputará no estadio municipal de Riazor o 9 de agosto, retransmitido en directo na canle oficial do RC Deportivo en Youtube.
O decano dos torneos estivais, que este ano cumpre o seu LXXX edición, recupera en categoría masculina o formato de partido único neste 2025. Este evento forma parte da programación das Festas de María Pita, que encherán a cidade durante o mes de agosto de múltiples acontecementos culturais e de ocio abertos á cidadanía.
O Deportivo, que tradicionalmente aproveita o Trofeo Teresa Herrera como posta de longo ante a afección coruñesa, mídese nesta edición ao equipo francés de Le Havre AC que milita na Primeira División de Francia.O encontro arrincará ás 20.00 horas. A XIII edición feminina do Trofeo Teresa Herrera, ás 17.00, protagonizarana o Dépor ABANCA e o SC Braga da Primeira División de Portugal. A xornada arrincará pola mañá coa disputa das finais da XXIX edición do Mini Teresa Herrera en categoría benjamín e prebenjamín.
O Dépor é o rei do Teresa Herrera masculino cun total de 25 trofeos nas vitrinas por 9 do segundo clasificado, o Real Madrid. En categoría feminina, o Dépor ABANCA posúe 4 trofeos ademais de 1 conquistado polo Deportivo ABANCA B na edición de 2020. A organización do Teresa Herrera forma parte do acordo de colaboración entre o Concello e o club. O trofeo é o torneo de fútbol amigable con carácter anual máis lonxevo do mundo.

21 de abril de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible