18 de diciembre de 2025
O certame, aprazado en agosto pola choiva, contará coa participación de Cántigas da Terra, Son d’aquí, Xacarandaina, Aturuxo e Donaire
Este domingo 21 de decembro, ás 19.00 horas, o Teatro Colón acollerá a celebración da Gran Noite do Folclore, un certame de música e baile tradicionais galegos que se enmarca dentro da programación da Romaría de Santa Margarida e que tivo que ser adiado o pasado mes de agosto pola choiva.
"Dentro das políticas de exaltación da cultura galega que levamos a cabo desde o Goberno de Inés Rey, tíñamos claro que a Romaría de Santa Margarida é un dos grandes símbolos que temos na cidade, e por iso quixemos recuperar esta gala tan especial e levala a un dos espazos culturais máis emblemáticos da cidade", indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.
A Gran noite do Folclore, con acceso de balde ata completar capacidade, estará presentada pola reguefeira Lupe Blanco e contará coas actuacións, por orde, de Cántigas da Terra, Son d'aquí, Xacarandaina, Aturuxo e Donaire. Participarán máis de 200 persoas e terá unha duración aproximada de dúas horas, nas que as diferentes asociacións participantes deleitarán ao público con diferentes pezas de música e baile galegos.
"Este será un acto perfecto para pechar un ano tan especial, dedicado ás cantareiras e que desde o Goberno de Inés Rey acompañamos con diferentes iniciativas, como a Festa das Letras, durante os festexos polas Letras Galegas", engadiu Gonzalo Castro.

15 de diciembre de 2025

14 de diciembre de 2025

12 de diciembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible