3 de febrero de 2025
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, convidou a cidadanía a asistir ao concerto, que lembra o legado dun dos compositores máis prolíficos e influentes de Galicia e España
O Concello, en colaboración coa Fundación Rogelio Groba, organiza esta semana o seu tradicional concerto en homenaxe ao mestre Rogelio Groba. Será este sábado 8 de febreiro no Teatro Colón, ás 20.00 horas, coa Orquestra de Cámara Galega como gran protagonista, baixo a dirección de Rogelio Groba Otero.
Esta cita, que xa forma parte habitual do calendario cultural da cidade, celebra o legado dun dos compositores máis prolíficos e influentes de Galicia e España. O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, convidou a cidadanía a non perder esta actuación, que levará o público asistente a unha viaxe polo inconfundible universo musical de Groba.
O programa do concerto inclúe algunhas das obras máis significativas de Groba, como Grovios, un ciclo etnográfico, inspirada na tribo celta que habitou entre o sur de Galicia e o norte de Portugal, segundo os estudos de Vicente Risco. Esta peza, concibida desde unha perspectiva puramente estética, evoca as raíces culturais galegas e a sensibilidade do compositor. Sobre o seu proceso creativo, Groba comentou: "Acudo á metamorfose dos datos musicais extraídos dos nosos cancioneiros populares, arroupados por unha linguaxe moi persoal que xa hai tempo que se fixo carne na miña sensibilidade".
O programa tamén inclúe a suite neobarroca Intres boleses, baseada en danzas antigas e unha das primeiras composicións 'in modo antico' do mestre. Escrita en 1978, esta obra recibiu o Premio da Crítica Galega en 1979 e reflicte a súa mestría para fusionar tradición e innovación.
Ademais, interpretarase Sarabanda sobre un tema de Haendel, unha obra que destaca pola súa elegancia e profundidade, xunto coa estrea absoluta dunha das moitas composicións inéditas de Groba, que promete ser un momento especial e memorable do concerto.
Cun catálogo que supera as 720 composicións, Rogelio Groba deixou unha pegada imborrable na música galega e española. O seu traballo abrangue xéneros tan diversos como óperas, sinfonías, ballets, música de cámara e de banda, e consolídase como un piar fundamental da cultura musical contemporánea.

17 de diciembre de 2025

16 de diciembre de 2025

15 de diciembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible