16 de enero de 2026
A obra representarase o 20 de febreiro e está protagonizada por Lolita Flores
O vindeiro venres 20 de febreiro o Teatro Colón acollerá a representación de 'Poncia', obra teatral escrita e dirixida por Luis Luque a partir de 'La casa de Bernarda Alba', de Federico García Lorca.
As entradas para dita representación saen este venres 16 de xaneiro á venda, con prezos que van desde os 16 ao 25 euros. As persoas interesadas poderán mercalas no despacho de billetes da praza de Ourense e na plataforma en liña Ataquilla.
Dentro dunha tormenta de néboa, Poncia, a criada de Bernarda Alba, reza pola morte de Adela. A casa sumiuse nun mar de silencio. Poncia fala soa e tamén con elas, con Bernarda Alba e as súas fillas. Un espectáculo imprescindible para quen ama o teatro e a obra de Lorca, cunha interpretación sobresaliente de Lolita Flores. A peza logra transformar a un personaxe secundario en protagonista dunha viaxe íntima, cargado de poesía e memoria.
"O Teatro Colón é un dos mellores espazos culturais do Estado e dentro da estratexia cultural da nosa alcaldesa, Inés Rey, é fundamental dotalo de programación de calidade e de espectáculos con percorrido nacional e internacional, coma é o caso", indicou Gonzalo Castro.

15 de enero de 2026

22 de diciembre de 2025

15 de noviembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible