26 de marzo de 2022
É o oitavo dos espectáculos da programación do Ciclo Principal de Teatro-Primavera 2022
O Teatro Rosalía de Castro acolle mañá, domingo 27, un novo espectáculo teatral no marco do Ciclo Principal de Teatro Primavera 2022. A cita coincide co propio Día Mundial do Teatro e preséntase como programación especial para a súa celebración.
'El diablo en la playa' é un espectáculo de Matarile Teatro en coprodución con AGADIC, que propón ao público unha reflexión sobre o caos, as tentacións e o desarraigamento a través do desexo. Unha representación que trata as identidades ficticias e a utilización da linguaxe como simulacro a través dunha posta en escena corporal e ligada á danza, da man das coreógrafas e actrices Celeste González e Claudia Faci. Esta é, ademais, unha peza orixinal escrita e dirixida por Ana Vallés, fundadora da compañía teatral e galardoada co premio María Casares por "The Queen is Dead" á Mellor Dirección de Teatro.
As entradas para asistir ao espectáculo (domingo 27 ás 20.30 horas) poden adquirirse en liña a través da web Ataquilla.com ou de forma presencial, no despacho de billetes do Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE) sito na praza de Ourense (de 11.00 a 15.00, e de 16.30 a 19.30 horas) con prezos de 6,50 a 14 euros para o público xeral. Os billetes tamén poderán adquirirse o mesmo día da actuación, nos despachos de billetes do Teatro Rosalía de Castro (de 16.00 a 20.00 horas), sempre que haxa entradas dispoñibles.
Adhesión á mensaxe do Día Mundial do Teatro 2022
Este ano 2022 conmemórase o 60º aniversario do Día Mundial do Teatro, unha celebración impulsada dende o Instituto Internacional de Teatro (ITI) e realizada de forma ininterrompida dende o seu comezo.
Como é costume, o Teatro Rosalía adhírese á mensaxe pronunciada pola institución, que este ano corre a cargo do do director estadounidense Peter Sellars. Un compromiso que ano tras ano se repite como mostra do apoio ao xénero dramaturgo e ao persoal profesional implicado no mesmo.
O cumprimento das pautas e medidas sanitarias contra a Covid-19
Durante a sesión, e en virtude das medidas sanitarias vixentes contra a Covid-19, será obrigatorio o uso de máscaras para as persoas asistentes. Ademais, e en todo momento, tanto na agarda, acceso e estancia dentro do recinto, as usuarias e usuarios deberán seguir as instrucións do persoal.
Por outra banda, non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa Covid-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e as que non finalizasen o período de illamento, así como as persoas que se atopen en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa afectada por síntomas ou diagnosticada da Covid-19.
Outras cinco obras previstas ata mediados de xuño
Despois de 'El diablo en la playa', a programación do Ciclo Principal de Teatro-Primavera 2022 no Rosalía de Castro presenta cinco obras máis durante este primeiro semestre de ano. Son as seguintes:
1 e 2 de abril: Lo fingido verdadero, con María Besant e Montse Díez.
8 e 9 de abril: Smoke on the water, con Josito Porto e Belén Constenla.
22 e 23 de abril: Erresuma. Kingdom, con José María Pou e Eneko Sagardoy.
20 e 21 de maio: As que limpan, con Areta Bolado e Noelia Castro.
17 e 18 de xuño: Los Santos Inocentes, con Javier Gutiérrez e Pepa Pedroche.
Actividades relacionadas

22 de diciembre de 2025

15 de noviembre de 2025

31 de octubre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible