18 de julio de 2026
Do 5 ao 8 de agosto haberá máis de 40 recitais repartidos por 7 escenarios: Campo da Leña, praza de Azcárraga, praza de María Pita, Santa Margarida, Castelo de San Antón, o Portiño e a praia de Riazor
O XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia presenta a súa programación por días e escenarios. En total, serán sete os emprazamentos repartidos por toda a cidade da Coruña: Campo da Leña, praza de Azcárraga, praza de María Pita, Santa Margarida, Castelo de San Antón, o Portiño e a praia de Riazor.
Desde o 5 ao 8 de agosto serán máis de 40 recitais de estilos tan diversos como o rock, música africana, pop, electrónica, folk, jazz, rhythm and blues, post-punk ou flamenco. Máis da metade das bandas desta trixésimo novena edición serán galegas.
Así, o 5 de agosto actuarán Law, David Regueiro Trío ft. Pablo Castaño, Pamela Rodríguez e Fantastic Negrito en Azcárraga; Colorado, Greasy Belly, Agoraphobia, Frankie and the Witch Fingers no Campo da Leña; Freestyle People ft. Gallos del Norte, Orquesta Invisible, Catuxa Salom e Bongeziwe Mabandla en Santa Margarida; Anna Andreu no Castelo de San Antón e Ángel Stanich, Dorian, Familia Caamagno e a Orquestra do Quince na praza de María Pita.
Para o 6 de agosto, a programación deparará os concertos de Apolo18, MFC Chicken, La Perra Blanco e Moura en Azcárraga; Mar de Fondo, MEU, Tsunami Arise e Ruxe Ruxe no Campo da Leña; Banda DiversidArte ft. Silvia Penide & La Sophie Simonds Band, Mounqup, Xosé Lois Romero & Aliboria e Mari Froes no parque de Santa Margarida; Ana Lua Caiano no Castelo de San Antón e Vicente Calderón, Yerai Cortés e Zënzar na praza de María Pita.
Abrirán os concertos da praia de Riazor deste ano Crowded, Bala, Sprints e Rusowsky o venres 7 de agosto. Para o sábado 8 de agosto, quenda de Sés, Echo & The Bunnymen e Bomba Estéreo na praia de Riazor.
Incorpóranse ás confirmacións dos concertos os deejays do escenario do Portiño DJMIL, o venres 7 de agosto; Sofie Peries e Saya DJ o sábado 8 de agosto; e REY DJ, La Yaya DJ e Monkey Mambo Club o domingo 9 de agosto.
No referente ás artes escénicas, os Xardíns de Méndez Núñez acollerán os espectáculos do 'Noroestiño', pensados para público familiar, do 6 ao 9 de agosto. O parque de Santa Margarida volverá ser o escenario que peche unha edición máis do Festival Noroeste Estrella Galicia, co espectáculo 'Amoriños' que ofrecerán Xosé A. Touriñán e David Perdomo.
A alcaldesa, Inés Rey, subliñou o carácter especial do Festival Noroeste Estrella Galicia, "unha cita que sentimos moi nosa e que, cada ano, reúne a artistas internacionais e locais para disfrutar dun festival único e referencial en toda Europa".
O Festival Noroeste Estrella Galicia, organizado polo Concello, conta co patrocinio de Estrella Galicia e co apoio da Xunta a Deputación. Trátase do evento máis importante das súas características a nivel estatal, e un dos máis relevantes de Europa.

24 de julio de 2026

25 de junio de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible