29 de setembro de 2023
O primeiro baile, que terá lugar no CCM de Monelos, abre a nova tempada dunha actividade moi popular na cidade e da que gozan máis de 18.000 persoas usuarias
Coa chegada do outono volve unha das actividades máis populares entre as persoas maiores da cidade. Do 9 de outubro ao 17 de decembro, milleiros de coruñesas e coruñeses gozarán dos bailes que a Concellería da Área de Benestar Social organiza nos Centros Cívicos Municipais, polos que pasarán ata 18.000 persoas usuarias.
O primeiro baile celebrarase o vindeiro luns 9 de outubro, no Centro Cívico de Monelos, e o calendario será similar ao dos anos anteriores. Todos os luns haberá baile no centro cívico de Monelos, os martes en Labañou, os xoves no Castrillón e Eirís (en semanas alternas e comezando no Castrillón o xoves 19), os venres nos Mallos, os sábados en San Diego e os domingos en Monte Alto. O horario será sempre o mesmo: de 17.00 a 20.30 horas.
Os bailes de maiores son unha oportunidade para que as persoas maiores se interrelacionen e socialicen, polo que son unha ferramenta moi útil para combater a soidade non desexada e favorecer o envellecemento activo, un dos eixos da política social do Goberno que dirixe Inés Rey.
Ademais, a contratación de músicos e orquestras para os bailes de maiores supón un gran apoio para estes artistas nos meses en que reducen as súas actuacións unha vez finalizado o verán.
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible