27 de septiembre de 2018
Entre as actividades que se están levando a cabo para conmemorar os cen anos da morte do que fora alcalde da Coruña, Manuel María Puga y Parga, atópanse as Xornadas Gastronómicas do Bacallau e as Visitas Guiadas.
O Consorcio de Turismo e Congresos convoca as Xornadas Gastronómicas do Bacallau en homenaxe á obra de Picadillo "36 maneras de guisar el bacalao" nas que poden participar todos os establecementos de hostalaría da cidade.
As xornadas celebraranse do 1 ao 18 de novembro e o prazo de inscripción para particiar nelas remata o luns 1 de outubro ás 14:00 horas. Os interesados deberán cubrir o formulario de solicitude que se inclúe nas bases e remitilo a centenariopicadillo@gmail.com. Poderán participar ata un máximo de vinte establecementos e as solicitudes atenderanse por orde de inscripción.
Visitas guiadas
No marco desta conmemoración tamén se celebrarán visitas guiadas aos puntos da cidade que lembren a figura de Picadillo, entre eles, o mercado de San Agustín onde se recreará un posto antigo de bacallau. As visitas realizaranse os sábados 3, 10 e 17 de novembro.
Entidades
24 de abril de 2024
19 de abril de 2024
25 de marzo de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible