Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

9 de noviembre de 2022

A Semana da Ciencia culminará coa entrega dos XXXV Premios Prismas

Os tres museos científicos municipais poderán visitarse de balde do 14 ao 20 de novembro pola celebración da Semana da Ciencia

Para acceder ao Aquarium Finisterrae será preciso facer unha reserva a partir deste venres e con tres días de antelación

Os tres museos científicos municipais poderán visitarse de balde do 14 ao 20 de novembro co gallo da celebración da Semana da Ciencia. Para acceder ao Aquarium Finisterrae será precisa realizar reserva previa, mentres que para a visita á Casa das Ciencias e á Domus a entrada será libre sempre que a capacidade non estea completa.

Para visitar eses días o Aquarium Finisterrae é imprescindible realizar unha reserva de entradas, que poderá facerse cun máximo de 3 días de antelación nesta páxina: https://ticketing.coruna.eu/mc2-aq/.

A reserva poderá facerse a partir deste venres, 11 de novembro. Para facilitar o acceso ás persoas maiores de 65 anos, estas poderán acceder sen reserva, acompañadas doutra persoa se o precisan.

A visita á Casa das Ciencias e á Domus será libre, sen reserva previa e sempre que a capacidade non estea completa. As persoas que queiran asistir a unha sesión de planetario na Casa das Ciencias deberán retirar invitacións, que se repartirán media hora antes de cada sesión na recepción do museo, entregando un máximo de dúas invitacións por persoa.

A Semana da Ciencia terá ademais un acto destacado, a entrega dos XXXV Prismas Casa das Ciencias á Divulgación Científica, que se levará a cabo no salón de plenos do Concello da Coruña o sábado 19 de novembro.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión