Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

11 de febrero de 2026

Récord histórico de inscricións no medio maratón C21 e a carreira dos 5K, con 5.000 persoas anotadas e as prazas xa esgotadas de cara ao 1 de marzo

O Concello, en colaboración coa Federación Galega de Atletismo, avanza coa organización de servizos de asistencia con vistas á xornada

Prazas esgotadas de cara á xornada deportiva do vindeiro 1 de marzo, na que A Coruña vivirá a XVIII edición do medio maratón C21 e a proba dos 5K, con 5.000 persoas inscritas -3.000 na C21 e 2.000 nos 5K-, o que marca un novo récord histórico de inscricións en ambas as probas e, ademais, con tres semanas de antelación con respecto á data de competición.

A cota máximo de prazas cubriuse onte, despois de que o Concello, coa colaboración da Federación Galega de Atletismo, incrementase a bolsa de prazas prevista inicialmente -no caso da C21, pasouse de 2.500 a 3.000-, atendendo á demanda existente nas últimas semanas. En ambos os casos, deixouse atrás o anterior teito máximo de inscricións, rexistrado no ano 2015.

Ademais, o interese das e dos atletas tamén se disparou na 5K, que chegou este martes ao máximo de 2.000 prazas establecido pola organización, pico que superou os datos das tres edicións previas nas que a carreira dos cinco quilómetros acompañou á media: 1.604 (2023), 1.316 (2024) e 1.994 (2025).

O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, valorou positivamente estas cifras, "que amosan novamente a posición privilexiada da Coruña á hora de acoller grandes eventos deportivos ao aire libre", un status que se verá reforzado o ano que vén coa celebración do Campionato de España de Ruta, que engloba as probas de Milla, 5K e Medio Maratón.

Tal e como explicou o edil, o Goberno de Inés Rey está a traballar arreo para que a cidade siga a gañar prestixio no mapa internacional de citas deportivas. En base a isto, a C21 foi incluído este ano no Global Calendar de World Athletics, o que permitirá recoñecer as marcas da carreira no ránking mundial.

Unha medalla inspirada na meta deste ano: a praza de María Pita

Como xa se anunciou días atrás, as e os deportistas que crucen a liña de meta da C21 na edición deste ano contarán cun agasallo moi especial: unha medalla finisher inspirada no punto de chegada do medio maratón, a praza de María Pita. Será a primeira vez que a praza lles marque o punto e final do C21 ás persoas participantes.

A este respecto, e logo de se esgotaren as prazas tanto no medio maratón como na 5K, o Concello avanza estes días na organización de todos os servizos de asistencia (WC portátiles, roupeiro, duchas, avituallamento) con vistas á xornada do 1 de marzo.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión