Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

25 de febrero de 2021

Rey destaca o traballo de Donaire na dinamización da nosa cultura

A alcaldesa da Coruña visitou as novas instalacións da asociación en Agrela e valorou o esforzo que realiza por salvagardar o noso patrimonio cultural e musical

A alcaldesa, Inés Rey, visitou esta tarde as novas instalacións da Asociación Cultural Donaire en Agrela, onde comezan unha nova etapa con mellores equipamentos. A rexedora destacou o importante esforzo que o colectivo leva facendo desde hai anos no ámbito da música e a danza tradicional e amosou todo o seu apoio para que no futuro, Donaire aumente máis se cabe todo o seu viveiro.

Para Rey, unha das apostas culturais do seu goberno é precisamente darlle acubillo ás asociacións comprometidas por manteren viva a tradición e a raíz: "Donaire é unha escola referente na Coruña que coida do noso patrimonio para que non se perda". A alcaldesa engadiu que "é a nosa obriga recoñelo e dalo a coñecer". Desde canto e pandeireta até baile tradicional ou gaita e acordeón, a entidade forma a veciñanza ao longo de todo o ano e organiza diversos eventos co fin de salvagardar e poñer en valor a nosa tradición.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión