Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

4 de junio de 2021

Rey recibe o xurado de Masterchef durante a gravación dun programa para a súa próxima edición “celebrity”

Os tres condutores do concurso, Pepe Rodríguez, Samantha Vallejo-Nágera e Jordi Cruz, contáronlle á alcaldesa a súa experiencia na Coruña xunto ao prestixioso chef Luis Veira, nunha entrega que se emitirá en outono e dará boa conta do potencial da nosa cociña

A alcaldesa, Inés Rey, recibiu o mércores na contorna da Torre de Hércules o xurado do concurso Masterchef, que estivo estes días na cidade xunto a todo o equipo do programa da Televisión Española (TVE). Pepe Rodríguez, Samantha Vallejo-Nágera e Jordi Cruz contáronlle á rexedora como foi a súa experiencia na Coruña ao lado dun chef referente como é Luis Veira e mais todo o que visitaron durante a súa estancia.

Rey sinalou que a emisión do programa permitirá que a audiencia coñeza as riquezas gastronómicas da Coruña e o enorme potencial que ten a súa cociña baseada na frescura dun produto atlántico e de proximidade. Durante tres días, Masterchef plasmou parte da maxia da cidade nunha entrega que se poderá ver tras o verán dentro dunha nova edición "celebrity".

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión