6 de agosto de 2023
O espectáculo para todos os públicos fará un repaso das grandes bandas da historia da música rock
Este luns, a praza de María Pita acollerá o espectáculo para todos os públicos 'Rock en Familia', que servirá para abrir a segunda semana das Festas de María Pita 2023. A actuación comezará ás 20.00 horas e forma parte do ciclo 'Noites de María Pita', que enche de música a praza durante este mes de agosto.
'Rock en Familia' é un espectáculo pensado para todas as idades, no que grandes e pequenos poderán gozar por igual da experiencia da música en directo, ao tempo de descobren a historia e as cancións dalgúns dos e das artistas máis importantes da historia do rock e do pop.
Este luns celebraranse tres espectáculos diferentes dentro do formato de 'Rock en Familia': Descubriendo a Ramones, I Love Rock and Roll e Descubriendo a Guns 'n Roses. A través do contacontos O Oso Rosendo e diferentes bandas tributo, repasarase a traxectoria de formacións como Ramones, AC DC, Nirvana, The Beatles, Guns 'n Roses ou Queen.
Programación Noites de María Pita
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible