5 de diciembre de 2024
A concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, puxo en valor esta intervención “que permitirá favorecer a mobilidade peonil e reforzar a seguridade das familias e crianzas que fan uso habitual deste espazo do barrio”
O Concello saca a licitación as obras correspondentes á humanización da rúa Tolerancia, lindeira á praza homónima no barrio de Labañou. O proxecto, que recibiu a aprobación da Xunta de Goberno Local a mediados de novembro, contempla un investimento de case 90.000 euros e un prazo de execución de aproximadamente catro meses.
A concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, lembrou que a intervención ten, como principal obxectivo, peonalizar a rúa para adecuala aos usos e instalacións que hai na súa contorna. "Neste punto do barrio é frecuente o paso das e dos peóns en dirección ao parque infantil", expuxo Díaz, que recalcou a importancia de integrar paisaxisticamente a rúa Tolerancia en sintonía coa praza e o parque, "favorecendo a mobilidade peonil, reforzando a seguridade das familias e das crianzas que fan uso habitual destes espazos".
Tal e como se expuxo semanas atrás, cando se deu luz verde ao plan de obras, o Concello ten previsto crear unha plataforma única entre as rúas praza do Almirante Romay e Arxentina, mellorando o tránsito peonil entre a praza da Tolerancia e os edificios con acceso á rúa homónima. A concelleira explicou que "nestre treito non existen garaxes, polo que o impacto para o tráfico rodado e para a veciñanza será mínimo".
No contexto dos traballos tamén se ampliarán as zonas axardinadas e plantarase arboredo. Ademais, instalarase novo mobiliario urbano e tamén se acometerán melloras na rede de recollida de augas pluviais.

17 de diciembre de 2025

14 de noviembre de 2025

11 de noviembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible