15 de diciembre de 2021
Il Divo apraza a súa actuación por motivos de saúde alleos á organización ata o 15 de xullo
Este xoves tamén estarán dispoñibles os billetes para a actuación de Malú, programada para o 17 de setembro do 2022
Este mediodía puxéronse á venda as entradas para a actuación que Leiva ofrecerá no Coliseum da Coruña o próximo sábado 30 de abril de 2022. O cantante arrancará a súa xira 'Cuando te muerdes el labio' na nosa cidade, presentando o seu novo traballo, do mesmo nome.
Leiva regresará á Coruña tras a súa actuación do 2019 dentro da xira 'Nuclear'. As entradas están dispoñibles a través de leivaentradas.com, Ataquilla.com e a billeteira da praza de Ourense. O músico súmase ás grandes actuacións que acollerá o Coliseum durante o 2022, como as de C. Tangana ou Van Morrison.
Por outra banda, este xoves tamén sairán á venda as entradas para o concerto que Malú ofrecerá no mesmo recinto o próximo 17 de setembro. Será ás 12.00 horas do mediodía cando estarán dispoñibles nas canles habituais. A cantante presentará na Coruña o seu último traballo: 'Mil Batallas'.
Adiamento de Il Divo
Por outra banda, por motivos alleos á organización e que afectan á saúde dun dos integrantes de Il Divo, o concerto previsto para o venres 22 de decembro no Coliseum quedou aprazado. A nova data será o venres 15 de xullo de 2022.
As entradas adquiridas para o concerto de decembro serán válidas para esta nova data. Para os compradores ou compradoras que non desexen asistir á actuación de xullo, ábrese un prazo de devolución ata o 4 de xaneiro. Dita devolución deberase solicitar a través da mesma canle de compra.

17 de diciembre de 2025

16 de diciembre de 2025

15 de diciembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible