21 de abril de 2016
O concelleiro de Culturas cualificou de “sectores culturais de excelencia” os relacionados coa banda deseñada e animación na presentación da mostra, que dá continuade ao proxecto iniciado en xaneiro coa publicación da primeira guía profesional de ilustración na cidade
O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, inaugurou esta tarde na Casa de Cultura Salvador de Madariaga a exposición Coruña Gráfica, unha mostra que recolle os traballos das e dos 69 artistas que aparecen na primeira guía profesional de ilustración, banda deseñada, humor gráfico e animación de autores e autoras vinculados á cidade da Coruña presentada polo Goberno local o pasado 21 de xaneiro. O edil recordou que a continuidade do proxecto confirma o compromiso por parte do executivo coruñés co sector á hora de desestacionalizar as iniciativas promovidas polo mesmo máis aló do Salón do Cómic. “Esta exposición confirma, de novo, a extensión da actividade vinculada ao cómic e a ilustración na cidade”, explicou Sande, “sectores culturais de excelencia e nos que A Coruña conta cunha extensa nómina de profesionais pouco recoñedios ata agora”.
O edil lembrou que a iniciativa Coruña Gráfica “naceu para apoiar á creación local e aumentar o espectro da ilustración”, á vez que “contribúe a difusión da súa profesionalización”. A guía, que coordinou o tamén responsable da exposición, Manel Cráneo, ofrece información sobre artistas relacionados coa cidade, desde as e os que teñen obra recoñecida a nivel internacional ou freelances que veñen de publicar os seus primeiros traballos, e que contan cunha ferramenta en común, o debuxo.
Xunto os 69 traballos das e dos autores presentes na primeira edición da guía profesional editada polo Concello, en Salvador de Madariaga amosaranse as obras das 6 novas incorporacións a Coruña Gráfica, -Cristina Ayala, Manuel Lariño, Antón Lezcano, Unxía Lorrosa, Ignacio RC, Álvaro Valiño-, que tamén estarán presentes na edición dixital, dispoñible nos vindeiros días na páxina web municipal www.coruna.es/cultura
A exposición, de entrada libre e gratuíta, pode visitarse no espazo expositivo municipal de Durán Loriga todos os días desde hoxe até o 5 de xuño, de 12 a 14 horas e de 18 a 21 horas.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible