21 de febrero de 2025
A gala celebrarase en Palexco, con entrada de balde ata completar capacidade e o humorista David Amor como presentador
Este sábado 22 de febreiro comeza a programación municipal do Antroido coruñés do 2025. A primeira gran cita deste ano será o concurso de comparsas na modalidade de música e letra. O evento celebrarase en Palexco e as invitacións poderán ser retiradas ao longo deste venres no despacho de billetes da praza de Ourense ou mañá, sábado, na propia billeteira do recinto ata completar a capacidade do auditorio.
Tras o grande éxito do ano pasado, o humorista David Amor volverá ser o mestre de cerimonias este 2025, nunha gala na que haberá un total de oito actuacións, dúas fóra de concurso. "Desde o Goberno de Inés Rey continuamos impulsando as nosas grandes celebracións da man das entidades que as promoven, como é o caso das comparsas coruñesas, moi presentes sempre na programación do Antroido", sinala Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.
As comparsas que participarán e optarán aos premios deste primeiro concurso serán Amigos da Xoldra, Malandros, Melandrainas, Montealto a 100, Os Maracos e Pantaleón. Ademais, tamén actuarán fóra de concurso Badabum Sorpresa e Os Kilomberos de Monte Alto. O concurso comezará ás 18.00 horas e o xurado estará presidido pola alcaldesa, Inés Rey.
Haberá primeiro, segundo e terceiro premio dotados cunha contía de 1.600, 1.250 e 800 euros, respectivamente. Ademais, tamén se poderían outorgarán accésits cun importe de 150 euros. A comparsa gañadora interpretará en directo as dúas cancións do concurso o vindeiro venres 28 de febreiro ás 21.00 horas no acto de entronización do Deus Momo, no Obelisco.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible