Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

10 de marzo de 2017

SERVIZOS PRESTADOS POLA POLICÍA LOCAL

Dende as 07:00 horas do día 9 de marzo até as 07:00 horas do día 10 de marzo

AUXILIO A CIDADANÍA

Ás 01:59 horas do 10 de marzo, unha patrulla de Policía Local é comisionada pola Sala Operativa do 092 para que se traslade ata un domicilio na Avenida do Exército, onde un home sufrira un accidente doméstico. Asiste tamén unha ambulancia do 061 cuxo servizo médico determina que, tras unha valoración facultativa, non é necesario o seu traslado.

DENUNCIA POR PINTADAS

Ás 01:25 horas do 10 de marzo,, unha patrulla da Policía Local denunciou a un veciño da Coruña ao que sorprendeu realizando pintadas sobre mobiliario urbano na rúa Ramón e Cajal/Avenida de Oza. Foi identificado e informado que será denunciado pola Ordenanza Municipal de Limpeza.

DETIDOS POR ATENTADO E DESOBEDIENCIA A AXENTES DA AUTORIDADE

Ás 23:30 horas, unha patrulla da Policía Local foi comisionada pola Sala operativa do 092 para que se trasladara á Praza de Pontevedra, onde ao parecer un home mostraba unha actitude violenta, ao golpear o mobiliario no interior dun local de hostalería. Xa no  lugar, a patrulla observa no exterior a un home suxeitando a outro de idade avanzada en evidente estado de embriaguez. O primeiro manifesta ser o xerente do local e requirente do servizo policial. A persoa retida era un cliente ocasional, o cal era habitual que se comportase de forma agresiva en estado ebrio, e estaba a golpear o mobiliario do local e a maquina recreativa, polo cal, e dado o seu estado, o xerente lle negara o servizo de máis consumicións. Ao solicitar a Policía ao xerente que solte ao home ebrio para a súa identificación, este propina dous fortes lapotes a un dos axentes, mantendo en todo momento unha actitude violenta e agresiva, ante o cal a patrulla procede á súa detención, sendo informado dos motivos da mesma, así como dos dereitos legais que lle asisten, procedendo ao seu traslado a dependencias policiais.

INTERVENCION DE ARMAS

Un veciño de Laracha foi denunciado ás 18:00 horas no Paseo Marítimo, durante un control preventivo de seguridade cidadá e documentación de vehículos, por portar unha arma branca de 20 centímetros no seu vehículo. Comisionóuselle a navalla, quedando a arma prohibida depositada  en dependencias policiais para a súa posterior remisión á Subdelegación do Goberno.

Outro veciño da Coruña foi denunciado ás 19:00 horas no Paseo Marítimo, durante un control preventivo de seguridade cidadá e documentación de vehículos, por portar unha arma simulada (imitación de arma de fogo real)  no interior do seu vehículo. Comisionóuselle a arma prohibida, que quedou depositada en dependencias policiais para a súa posterior remisión á Subdelegación do Goberno.

CONTROIS PREVENTIVO-DISUASORIOS DE SEGURIDADE VIARIA

Un condutor foi denunciado por dar positivo na proba de alcoholemia (alcoholemia administrativa). Foi detectado ás 00:05 horas, cando unha patrulla deste corpo deu o alto a un vehículo, marca e modelo Renault Clío, que circulaba pola rúa Alcalde Marchesí e cuxo condutor, de 53 anos e veciño da Coruña, presentaba signos de inxerir bebidas alcohólicas. O home foi sometido ás probas de determinación do grao de impregnación alcohólica, arroxando estas resultado positivo (0,58 e 0,58 mg/l), polo que se lle tramitou denuncia administrativa que lle podería supoñer unha sanción de 1000 euros e a retirada de seis puntos do seu permiso de conducir. O vehículo foi inmobilizado, preventivamente e trasladado para o depósito municipal.

Un condutor foi denunciado por dar positivo na proba de alcoholemia (alcoholemia administrativa). Foi detectado ás 01:41 horas cando en Paseo de Ronda  unha patrulla deuso alto a un turismo da marca e modelo Peugeot 205, apreciando que o condutor, un home de 47 anos e veciño da Coruña, presentaba signos de inxerir bebidas alcohólicas. Foi sometido as probas de determinación do grao de impregnación alcohólica, arroxando estas resultado postiivo (0,52 e 0,47 mg/l), polo que se lle tramitou denuncia administrativa que lle podería supoñer unha sanción de 500 euros e a retirada de catro puntos do seu permiso de conducir. Ademais, denuncióuselle administrativamente por non presentar á inspección técnica o vehículo. Deste fíxose cargo un coñecido do condutor.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión