21 de agosto de 2017
Dende as 07:00 horas do 20 de agosto até as 07:00 horas do 21 de agosto
ACCIDENTES DE CIRCULACIÓN
- Ás 18:01 horas do 20 de agosto tivo lugar un accidente de circulación con feridos, da clase 'arremetida', á altura do número 11 da avenida Primo de Rivera. A colisión produciuse cando un autobús, da marca e modelo MAN NL, virou desde a Costa da Palloza cara a rúa Primo de Rivera, e investiu a un ciclista que estaba a cruzar a calzada polo paso peonil nese momento. O ciclista, un home de 40 anos, veciño de Arteixo, resultou ferido de carácter grave. Foi atendido no lugar por unha ambulancia do 061 e, posteriormente, foi trasladado ao CHUAC.
- Ás 20:30 horas do 20 de agosto, tivo lugar, na Praza Campo da Leña, un accidente de circulación sen feridos. Na colisión estiveron implicados dous vehículos, un turismo, da marca e modelo Peugeot 206 (denunciante), e un todoterreo, que circulaba en sentido contrario e que, tras golpear ao primeiro, deuse á fuga. Unha vez localizado o vehículo fuxido, o responsable podería ser sancionado con dúas denuncias administrativas: por estar implicado nun accidente de tráfico con danos e non comunicar a súa identidade ás persoas afectadas, e por non facilitar a súa identidade e non colaborar coa autoridade, o que lle podería supoñer dúas sancións por un importe de 400 €.
- Ás 21:15 horas do 20 de agosto, produciuse un accidente de circulación con feridos, da clase 'arremetida', na Praza de Ourense, á altura da súa confluencia coa avenida Porto. Na colisión estiveron implicados dous turismos, un Ford Ka e un Opel Astra. Como consecuencia da colisión, resultou ferida con carácter leve, a condutora do primeiro, unha muller de 32 anos e veciña de Oza-Cesuras, que foi atendida e trasladada ata o Hospital Quirón por unha ambulancia do 061.

20 de diciembre de 2025

16 de diciembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible