Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

5 de diciembre de 2017

SERVIZOS PRESTADOS POLA POLICÍA LOCAL

Dende as 07:00 horas do 2 de decembro até as 07:00 horas do 5 de decembro

DETIDOS POR DELITOS DE VIOLENCIA MACHISTA

- Ás 13.10 horas do 2 de decembro, unha patrulla da Policía Local foi comisionada pola Sala 092 para que se traslade á rúa Cultura onde, segundo unha chamada telefónica, unha persoa estaba a gritar e a aporrear unha porta de acceso a un domicilio. Unha vez no lugar, unha dotación atopou a un home cunha man ensanguentada, mentres outra patrulla entrevistouse coa muller, que se atopaba no interior da vivenda, e que explicou que a súa ex-parella, coa que estivera convivindo un ano e medio, ameazáralle dicindo: "vouche a matar, filla de puta". A requirente do servizo, unha veciña doutro inmoble, explicou á patrulla que escoitara como este home ameazara de morte a súa ex-parella. O agresor foi detido por un delito de violencia de xénero e trasladado ás dependencias policiais, onde quedou a disposición xudicial.

- Ás 13.10 horas do 3 de decembro, unha dotación trasladouse até os Xardíns de Méndez Núñez porque, segundo unha chamada recibida na Sala do 092, un home estaba a pegarlle a unha muller. Xa no lugar, a persoa requirente do servizo indicou á patrulla que a parella estaba sentada nun banco próximo. Ambos os dous confirmaron que eran parella e que o home lle propinara unha labazada a ela tras unha discusión por unhas medicinas, pero a muller negouse a ser trasladada a un centro médico ou a presentar denuncia. O agresor, un veciño desta cidade de 37 anos, foi denunciado de oficio por un delito de violencia de xénero pola dotación e quedou nos calabozos policiais a disposición xudicial.

DETIDO POR AGRESIÓN A POLICÍAS

- Ás 04.27 horas do 3 de decembro, unha patrulla da Policía Local trasladouse ata a rúa Pío XII xa que, segundo unha chamada telefónica recibida na Sala do 092, unha persoa estaba a golpear cun sinal de tráfico portátil os vehículos estacionados. Xa no lugar, a dotación escoitou fortes golpes que proviñan do interior dun edificio, polo que entraron e comprobaron que a porta dunha das vivendas, do cuarto andar, achábase aberta, coa fechadura forzada e o marco danado. Tras chamar ao timbre, a patrulla atopou no interior da vivenda a un mozo cunha actitude moi hostil e agresiva. A dotación explicou ao mozo que tiñan que comprobar se el tiña relación coa vivenda, dado o estado da porta, pero este se abalanzou contra a patrulla e comezou a agredir aos axentes, mentres profería ameazas e insultos. O mozo, de 27 anos e inquilino da vivenda, foi detido e trasladado ás dependencias policiais, onde quedou a disposición xudicial por un delito de atentado a axentes da autoridade no exercicio das súas funcións. Así mesmo, informouse dos danos da porta de acceso á propietaria da vivenda.

INCENDIO EN VIVENDA

Ás 06.31 horas do 3 de decembro declarouse un incendio nunha vivenda da rúa Friol que se iniciara nunha manta eléctrica dunha cama. Debido ao fume que se produciu, a moradora da vivenda, unha muller de 85 anos, foi trasladada ao CHUAC por un familiar. O resto de veciños do inmoble tamén tiveron que abandonar o edificio mentres duraron as tarefas de extinción por parte do equipo de Bombeiros, e regresaron unha unha vez que foi ventilado o edificio.  

CONTROIS DE SEGURIDADE CIDADÁ

Ás 10:40 horas do 4 de decembro, unha patrulla realizou un control de seguridade cidadá nun local de lecer da zona centro da cidade e denunciou a tres homes, dous deles por tenencia de substancias estupefacientes, presuntamente cocaína, e outro por portar unha arma branca entre as súas roupas. Estes tres cidadáns foron denunciados e propostos para sanción ante a Subdelegación do Goberno da Coruña por infracción á Lei Orgánica 4/2015 de seguridade cidadá.

CONTROIS PREVENTIVO-DISUASORIOS DE SEGURIDADE VIARIA

Ás 10:15 horas do 4 de decembro, unha dotación deu o alto a un turismo no número 182 da avenida da Concordia e comprobou que o seu condutor tiña a autorización administrativa para conducir suspendida, por esgotar o saldo de puntos, polo que tramitou dilixencias ao Xulgado de Garda por tratarse dun delito contra a seguridade viaria. Así mesmo, este condutor, un home de 33 anos e veciño da Coruña, foi denunciado administrativamente por circular cun vehículo que carecía do seguro obrigatorio, o que lle poderá supoñer unha sanción de 1.500 €. O vehículo, da marca e modelo Fiat Ducato, foi inmobilizado e trasladado até o Depósito municipal.

Ás 02:00 horas do 5 de decembro, unha patrulla interceptou un turismo, na confluencia das rúas Manuel Murguía e Almirante Eulate, tras detectar que circulaba a unha velocidade elevada pola avenida Pedro Barrié de la Maza, en dirección ao Estadio de Riazor. O condutor presentaba signos evidentes de acharse baixo a influencia de bebidas alcohólicas polo que a dotación requiriu a presenza do equipo de Atestados. Este veciño da Coruña, de 33 anos, arroxou uns resultados positivos nas probas de alcoholemia (0,66 e 0,65 mg/l), polo que se lle tramitaron dilixencias ao Xulgado de Garda polo procedemento de xuízo rápido. Así mesmo, este condutor foi denunciado administrativamente por circular cun vehículo sen o seguro obrigatorio, o que lle poderá supoñer unha sanción de 1.500 €. O vehículo que conducía, da marca e modelo Hyundai Coupe, foi inmobilizado e traslado até o Depósito municipal.

Ás 05:10 horas do 5 de decembro, unha dotación deu o alto a un turismo, na avenida Pedro Barrié de la Maza, e detectou que o seu condutor presentaba signos de inxerir bebidas alcohólicas, polo que deu aviso ao equipo de Atestados. O condutor, un home de 29 anos e veciño da Coruña, arroxou uns resultados positivos nas probas de alcoholemia (0,56 e 0,50 mg/l), polo que se lle tramitou unha denuncia administrativa que poderá supoñerlle unha sanción de 1.000 € e a perda de 6 puntos do seu permiso de conducir. Do vehículo que conducía, da marca e modelo Fiat Stylo, fíxose cargo un coñecido do condutor.

ACCIDENTE DE CIRCULACIÓN

Ás 20:50 horas do 4 de decembro, o equipo de Atestados foi comisionado pola Sala Operativa do 092 para trasladarse ata o viario de acceso á avenida Alfonso Molina desde a Rolda de Outeiro (no lateral Hotel Avenida) onde se producira un accidente de circulación sen feridos. Xa no lugar,  a dotación comprobou que se trataba dun accidente da clase "contra obstáculo fixo" no que se atopaban implicados tres vehículos, un turismo da marca e modelo Seat León, conducido por un home de 27 anos e veciño de Oleiros, que circulaba en dirección saída da cidade cando colisionou con dous vehículos estacionados na beiravía: unha furgoneta Mercedes Benz 210 CDI e un todo terreo Seat Ateca. Así mesmo, producíronse danos no céspede e nas árbores ornamentais da zona axardinada.  

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión