9 de octubre de 2018
Dende as 07.00 horas do 7 até as 07.00 horas do 9 de outubro de 2018
CONTROIS PREVENTIVO-DISUASORIOS DE SEGURIDADE VIARIA
- Ás 02.50 horas do 8 de outubro, unha patrulla que realizaba labores de vixilancia pola rúa Mosteiro de Caaveiro, detectou, á altura do número 16, un vehículo estacionado en batería co motor aceso pero sen moverse. Ao achegarse ao turismo, observou que o seu condutor estaba durmido sobre o volante con signos evidentes de atoparse baixo a influencia de bebidas alcohólicas. O condutor, un home de 47 anos, arroxou uns resultados positivos (1,15 e 1,13 mg/l) polo que se lle tramitaron dilixencias ao Xulgado de Garda por un delito contra a seguridade viaria. O vehículo que conducía foi retirado por un amigo do condutor habilitado para conducir e en condicións normais.
- Ás 04.10 horas do 8 de outubro, unha dotación policial que realizaba labores de vixilancia pola rúa Pasadizo do Orzán, observou como o condutor dun vehículo accionou a marcha atrás con intención de abandonar o lugar ao decatarse da presenza policial. Ao dirixirse ao condutor, a patrulla detectou que presentaba signos evidentes de acharse baixo a influencia de bebidas alcohólicas, polo que deu aviso ao equipo de Atestados. O condutor, un home de 52 anos, arroxou uns resultados positivos (0,76 e 0,72 mg/l) polo que se lle tramitaron dilixencias ao Xulgado de Garda por un delito contra a seguridade viaria. O vehículo que conducía, da marca Audi, foi retirado por un amigo do condutor habilitado para conducir e en condicións normais.
- Ás 20.00 horas do 8 de outubro, unha dotación policial deu o alto a un ciclomotor cando circulaba pola avenida Alfonso Molina e comprobou que o condutor non obtivera nunca o permiso de condución. A patrulla tramitoulle ao condutor, un home de 25 anos, dilixencias ao Xulgado de Garda, por un delito contra a Seguridade Viaria e a motocicleta, da marca e modelo Gilera Runner, foi inmobilizada e trasladada ao Depósito municipal de vehículos.
- Ás 04.15 horas do 9 de outubro, unha patrulla detectou a un condutor dunha furgoneta que circulaba pola confluencia das rúas Hospital e Zalaeta, con signos evidentes de atoparse baixo a influencia de bebidas alcohólicas. O condutor, un home de 34 anos, foi sometido ás probas de impregnación alcohólica e arroxou uns resultados positivos (1,07 e 1,03 mg/l) polo que se lle tramitaron dilixencias ao Xulgado de Garda por un delito contra a seguridade viaria. Así mesmo, o condutor foi denunciado administrativamente por non presentar o vehículo á inspección técnica periódica e carecer de seguro obrigatorio. O vehículo que conducía, da marca Mercedes e do modelo 110D, foi inmobilizado e trasladado ao Depósito municipal de vehículos, como medida cautelar de seguridade viaria.
11 de abril de 2024
19 de febrero de 2024
16 de febrero de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible