15 de octubre de 2018
Dende as 07.00 horas do 9 até as 07.00 horas do 15 de outubro de 2018
CONTROIS PREVENTIVO DISUASORIOS DE SEGURIDADE VIARIA
- Ás 04.23 horas do 13 de outubro, unha dotación detectou, na rúa Panadeiras, un condutor que circulaba con signos de atoparse baixo a influencia de bebidas alcohólicas, polo que foi sometido ás probas correspondentes. O home, de 41 anos, arroxou uns resultados positivos (0,80 e 0,85mg/l) polo que foi denunciado ante o Xulgado de Garda por un delito contra a seguridade viaria. Do vehículo que conducía fíxose cargo un coñecido do condutor habilitado e en condicións normais.
- Ás 05.00 horas do 13 de outubro, produciuse un accidente da clase `Raspado´ no cruzamento da Praza Pontevedra coa rúa Francisco Mariño no que estiveron implicados dous turismos. O condutor dun destes vehículos arroxou uns resultados positivos (0,37 e 0,35 mg/l) na proba de alcoholemia, polo que foi denunciado administrativamente por un delito contra a seguridade viaria. O vehículo que conducía foi inmobilizado e retirado ao Depósito municipal, como medida cautelar de seguridade.
- Ás 20.11 horas do 13 de outubro, no cruzamento da Rolda de Outeiro coa avenida do Ferrocarril, produciuse un accidente da clase `Raspado´ no que estiveron implicados varios turismos. O condutor dun destes vehículos arroxou uns resultados positivos (0,62 e 0,62mg/l) na proba de alcoholemia, polo que foi denunciado ante o Xulgado de Garda por un delito contra a seguridade viaria. O vehículo que conducía foi inmobilizado e retirado ao Depósito municipal, como medida cautelar de seguridade.
- Ás 01.50 horas do 14 de outubro, unha dotación deu o alto a un turismo na avenida do Ferrocarril e apreciou que o seu condutor presentaba signos de inxerir bebidas alcohólicas polo que se lle realizou a proba de alcoholemia. O home, de 52 anos, arroxou uns resultados positivos (0,69 e 0,62 mg/l), polo que podería ser sancionado con 1.000€ e coa retirada de 6 puntos do permiso de conducir. O vehículo que conducía, da marca e modelo Citroën C5, foi inmobilizado e retirado ao Depósito municipal como medida cautelar de seguridade.
- Ás 02.50 horas do 14 de outubro, na avenida Bos Aires, unha patrulla detectou que un condutor, un home de 37 anos, presentaba signos de atoparse baixo a influencia de bebidas alcohólicas, polo que foi sometido ás probas de impregnación alcohólica. O condutor arroxou uns resultados positivos (0,91 e 0,92 mg/l), polo que foi denunciado ante o Xulgado de Garda por un delito contra a seguridade viaria por conducir baixo os efectos de bebidas alcohólicas. O vehículo que conducía, da marca e modelo Audi Coupe, foi inmobilizado e retirado ao Depósito municipal, como medida cautelar de seguridade.
CONTROL SERVIZO MERCADILLO
- Ao longo da mañá do 9 de outubro e con motivo do servizo do Mercadillo da Sardiñeira, a Policía Local incautou un total de 19 vultos de obxectos que foron abandonados na vía pública polos vendedores ao detectar a presenza policial. Estes obxectos (roupa, zapatos e diversos produtos electrónicos de segunda man) foron recollidos polo servizo de limpeza municipal, habilitado especialmente para o servizo do mercadillo, dándolles o tratamento de residuos sólidos. Os vendedores non foron denunciados ao non poder ser identificados por fuxir á carreira.
- Ás 11.30 horas do 9 de outubro, unha patrulla identificou na contorna do Mercadillo da Sardiñeira a unha muller de 25 anos por estar a vender produtos perecedoiros en vía pública carecendo de licenza municipal. Esta muller foi denunciada por unha infracción contra a Lei da seguridade cidadá, ao ocupar a vía pública para a venda ambulante non autorizada e os produtos foron comisados e entregados á entidade benéfica Cociña Económica.
ACCIDENTES DE CIRCULACIÓN
- Ás 12.00 horas do 9 de outubro, na praza de Monforte, produciuse un accidente de circulación entre dous vehículos, da clase `arremetida´ e sen feridos.
- Ás 15.00 horas do 9 de outubro, na rúa Ramón del Cueto, tivo lugar un accidente de circulación entre 4 vehículos, tres deles estacionados, da clase `contra obstáculo fixo´ e sen feridos.
- Ás 16.26 horas do 9 de outubro, á altura do número 212 da Rolda de Outeiro, un ciclomotor, marca e modelo SYM X PROL 125, atropelou a un peón que estaba a cruzar por un paso peonil. O atropelado, un mozo de 14 anos, resultou ferido de carácter leve e trasladouse até o Hospital Teresa Herrera-Materno Infantil polos seus propios medios.
- Ás 21.10 horas do 9 de outubro á altura do número 100 da Rolda de Outeiro, un turismo chocou contra un semáforo e o seu condutor foi sometido ás probas de alcoholemia. O home, de 49 anos, arroxou uns resultados positivos (1,16 e 1,16 mg/l), polo que foi denunciado ante o Xulgado de Garda por un delito contra a seguridade viaria. O vehículo, da marca e modelo Ford Focus, foi retirado por un guindastre de asistencia.
- Ás 00.30 horas do 10 de outubro, rexistrouse denuncia dun accidente de circulación `contra obstáculo fixo´ que se producira ás 14.50 horas do 9 de outubro na rúa Ángel del Castillo, no que unha furgoneta branca causara danos a un turismo, Volkswagen Golf, que estaba estacionado.
15 de mayo de 2024
11 de abril de 2024
19 de febrero de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible